Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

23/2/10

Comunicado Centro de Saúde II

Continúa a serie de excusas baratas da Consellería para non construír un centro de saúde en Vilagarcía

O Partido Socialista aposta pola construción dun centro de saúde para todos os vilagarciáns, ben situado, ben comunicado e dotado dos mellores medios.


Resulta sorprendente a actitude que está a amosar a Conselleira de Sanidade Pilar Farjas, cuia política sanitaria pretende deixar a Vilagarcía no caixón do olvido. Despois do baile de aparicións públicas sobre o Hospital do Salnés, nos que se presenciou un desembarco de cargos do PP no centro de Ande para inaugurar unha terceira planta que non querían, que non construiron, que todavía están a terminar e que manteñen pechada, agora a Conselleira continúa coa súa errática xestión no que se refire ás necesidades sanitarias básicas de Vilagarcía.


A Conselleira plantexa a ocurrencia de construir un centro de saúde en Vilaxoán, sen existir nin terreos para elo nin sequera ningunha consulta sobre a disponibilidade destes co Concello de Vilagarcía. Con este plantexamento de inicio resulta irrisorio que a Consellería pretenda presentar esta idea como unha alternativa real. O que sí é unha realidade é que existe un convenio asinado entre a Consellería de Sanidade e a Autoridade Portuaria con respecto aos céntricos terreos da antiga Comandancia de Marina. As recentes declaracións da Consellería sobre a falta de validez dos acordos tomados a este respecto polas distintas institucións, amosan unha ignorancia inexcusable e impropia da súa responsabilidade. A Ley de Puertos del Estado outorga a competencia á Autoridade Portuaria para a cesión de terreos para uso en beneficio social, como é o caso. Por esta vía cedéronse xa no seu día os terreos para o Auditorio, a subsede de Bombeiros ou o Centro de Tecnificación de Vela sen necesidade de autorización última do Ministerio de Fomento, como erróneamente apunta a Conselleira.


Os socialistas defendemos a ubicación do futuro centro de saúde na antiga Comandancia. Consideramos que os avances feitos ata o de agora non poden ser ninguneados pola actual Consellería, pois o Concello de Vilagarcía ten toda a lexitimidade para decidir a ubicación das instalacións que lle darán servicio. O ambulatorio de San Roque quedouse xa pequeno, e os vilagarciáns necesitan un novo centro dotado dunhas modernas instalaciónes, medios e recursos axeitados. Na antiga Comandancia, o futuro centro quedará ben comunicado, con proximidade a bolsas de aparcamento, con comunicación co transporte público e equidistante dos distintos lugares de Vilagarcía.


Pedímoslle aos responsables do PP en Vilagarcía que obren en beneficio dos seus veciños, sen defensas partidistas, e se sumen á petición dun novo centro de saúde moderno, amplio, ben comunicado e funcional para todos os vilagarciáns.

1 comentario:

  1. que maneira de liar as cousas estes do PP. un exemplo mais de que estes apostan pola sanidade que apostan!!!!!!!!!!!

    ResponderEliminar