Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

3/3/10

Proposición Non de Lei no Parlamento de Galicia polo centro de saúde na antiga Comandancia de Mariña

O deputado autonómicoModesto Pose, portavoz de Sanidade do grupo parlamentario do PSdeG no Parlamento de Galicia, ofreceu onte unha rolda de prensa para expoñer a postura desta formación acerca da planificación sanitaria en Vilagacía, e dar a coñecer a proposición non de lei  presentada o día  dous de marzo no Parlamento.

"Os socialistas defendemos a necesidade de mellorar as instalacións de atención primaria na nosa vila", sinalou o deputado aludindo á saturación do centro ubicado na rúa San Roque, e ás súas deficiencias en prazas de aparcamentos  e á inseguridade dos peóns. "A postura do Partido Socialista é firme en canto á  necesidade dun novo Centro de Saúde e que a súa ubicación non pode ser outra cós terreos da antiga Comandancia de Mariña", concluíu Pose. "As xestións iniciadas coa cesión do Ministerio de Defensa á Autoridade Portuaria de Vilagarcía e a posterior posta a disposición da Consellería de Sanidade do céntrico solar, sendo Presidente da rada o socialista Javier Gago, non poden tirarse pola borda como pretende facer agora a Conselleira de Sanidade".

Por todo o anteriormente exposto, o Grupo Parlamentariodo do PSdeG dacordo cos socialistas de Vilagarcía presentou unha proposición non de lei que insta ao Goberno de Galicia a:

1. Culminar o procedemento de aceptación dos terreos da Comandancia de Mariña para a Construción do centro de saúde de Vilagarcía.

2. Redactar ao longo do 2010 o Plan Funcional e o Proxecto do citado centro.

Por outra banda, o Grupo de Goberno de Vilagarcía pedíulle á Xunta que se «deixe de enredar» e defina dunha vez que modelo de atención sanitaria pretende para a capital arousana. Se este é un deseño centralizado, Ravella non alberga dúbidas: os 5.000 metros cadrados que ofrece a antiga Comandancia de Marina. Agora ben, se o que o Sergas busca é unha rede distribuida por todo o municipio, o Concello ten seis propostas que ofrecerlle para a ubicación doutros tantos centros de saúde

Tamén o anterior Presidente da Autoridade Portuaria e Ex Alcalde de Vilagarcía, Javier Gago, quixo aportar a súa opinión sobre a ubicación do novo centro de saúde, o socialista defende a construción nos terreos da antiga comandancia e botou por terra os argumentos urbanísticos de Puertas, xa que a parcela está calificada polo plan xeral municipal, non polo plan especial do Porto, sendo o seu uso o de outros equipamentos. «Dacordo co artigo 47 de la Lei do Solo de Galicia, un simple acordo do pleno e outro do Consello de Administración da Autoridade Portuaria bastaría para cambialo a equipamiento sanitario sen necesidade de modificar nin o plan especial do Puerto, nin por suposto o PXOM ,  o compromiso coa sanidade pública e con Vilagarcía amósase con feitos e non só con palabras. Esta é unha boa ocasión para elo”.


  
 


No hay comentarios:

Publicar un comentario