Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

25/3/10

Comunicado de Prensa. Centro de Saúde (III)

O voceiro do Partido Popular en Vilagarcía, Tomás Fole, segue na súa teima
Tenta desviar a atención e segue sen explicar as razóns da non construción do centro de saúde de Vilagarcía nos terreos da Comandancia

Vilagarcía de Arousa, 25 marzo de 2010.- Unha vez máis, e como xa tristemente estamos acostumados a comprobar, o portavoz do Partido Popular de Vilagarcía pretende convertir o debate sobre o novo centro de saúde nun lanzamento de excusas baratas e na busca de alguén a quen cargarlle a súa propia irresponsabilidade coa ampla maioría da poboación de Vilagarcía.

É necesario recordarlle a Tomás Fole, unha vez máis e xa van moitas, que existe unha liña de traballo para construír un novo centro de saúde nos terreos da antiga Comandancia de Marina. Esta vía, iniciada polos socialistas no anterior Goberno da Xunta, conta con todas as facilidades posibles en canto a espacio, comunicacións, accesibilidade e centralidade. Foi a nova conselleira, Pilar Farjas, co respaldo cómplice e sumiso do Partido Popular de Vilagarcía, quen bota agora para atrás o proxecto e se escuda en ideas a todas luces absurdas. Resulta entón que o señor Fole pretende convencer aos veciños de Cornazo, Fontecarmoa ou Vilaboa de que teñen mellor acceso e máis servizos e equipamentos no peirao de Vilaxoán que no centro de Vilagarcía, insistindo ademais na demostrada falacia de que a nosa localidade está a crecer máis en Vilaxoán que no resto da vila, é máis, e pretende facernos crer que o Centro de Saúde de San Roque non fai anos que se quedou pequeno e obsoleto para as necesidades dunha poboación coma Vilagarcía

O señor Tomás Fole non lle está a facer ningún favor a Vilagarcía sendo cómplice do evidente plan da consellería de enfangar o debate para non construír ese novo centro, pola triste razón pola que o PP funciona dende as súas responsabilidades de goberno de non aportar nada aos concellos nos que non goberna, como lamentablemente sabemos perfectamente en Vilagarcía.

Sen embargo si que o voceiro do Partido Popular en Vilagarcia se permite o luxo de criticar labores políticas e de reivindicación de dereitos que fan os representantes dos outros partidos políticos. A defensa dos intereses dos veciños faise con todos os recursos necesarios pois a manifestación ou a protesta, igual que a actividade parlamentaria, o contacto cos veciños ou a participación en actos públicos, son ferramentas posibles, aínda que no partido do señor Fole e o Partido Popular consideren que a xente non debería de queixarse nunca por nada. Dende o Partido Socialista consideramos que o señor Fole, lonxe de criticar a organización de actividades de información e reivindicacións veciñais, e máis aínda de criticar que outros representantes políticos participen, o voceiro do Partido Popular debería poñerse do lado dos veciños e deixarse de actitudes partidistas que pouco ou nada benefician á maioría dos vilagarciáns.

No hay comentarios:

Publicar un comentario