Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

20/2/10

Comunicado Centro de saúde

A Conselleira de Sanidade busca excusas para non construír un centro de saúde en Vilagarcía
Os terreos da antiga Comandancia están dispostos para iniciar o proceso
A deputada do PP, Marta Rodríguez, acude aos ataques persoais para non dar explicacións sobre a súa postura

Vilagarcía de Arousa, 20 de febrero de 2010.-Ante a postura tomada pola Conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, sobre a construción dun futuro centro de saúde en Vilagarcía, e as recentes e desafortunadas declaracións da deputada do PPdeG Marta Rodríguez, o Partido Socialista de Vilagarcía quere manifestar a súa postura de acordo co Goberno Local de Vilagarcía.

O edificio da antiga Comandancia de Marina resulta unha oportunidade única para a construción dun novo centro de saúde na nosa vila. Os socialistas apostamos por un centro de referencia, e nese sentido fixéronse as xestións oportunas entre o Concello de Vilagarcía, a Autoridade Portuaria e a Xunta de Galicia presidida por Emilio Pérez Touriño para ceder ditos terreos. Resulta facilmente comprensible que ese emprazamento é ideal para a construción do futuro centro, e que as recentes desviacións da Conselleira de Sanidade responden á vontade real do PP de non realizar ningunha intervención en Vilagarcía para mellorar o sistema sanitario público dos veciños.

O PP pretende agora substituir o plan de construír un centro referente, ben comunicado, con facilidade de aparcamento, con comodidade para os usuarios e o persoal por un chiringuito encaixonado, sen garantir a calidade que ofrece a opción xa proposta e sen ninguna previsión de futuro. Para iso resulta sorprendente que tendo uns terreos xa propostos e dispostos para a construción, a Consellería empéñase agora en que o Concello busque outros terreos. Excusas baratas de mal pagador para non realizar un centro de saúde en Vilagarcía.

Triste resulta que a deputada do PPdeG, Marta Rodríguez, entre nesta espiral de delirio provocada pola Conselleira Pilar Farjas, e non dubide en basear as súas intervencións públicas en descalificacións e ataques persoais. Por moito que Marta Rodriguez pretenda escabullir a súa responsabilidade e a do seu partido político, a única verdade deste asunto e que a Consellería ten a súa disposición uns terreos para construír un novo centro, un Concello disposto a colaborar neste proceso e unha cidadanía esperando a que se leve a cabo. Tócalle ao PP amosar se o seu apoio á sanidade pública en Vilagarcía e no Salnés é real ou, sen embargo, pretende apostar unha vez máis pola política da foto como xa fixeron inaugurando a terceira planta do Hospital que, a día de hoxe, segue pechada e sen funcionar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario