Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

19/2/10

Curso de Formación do PSdeG en Vilagarcía

A Escola de Formación Francisco Fernández, impulsada polo PSdeG a nivel autonómico, iniciou este ano unha serie de cursos orientados á formación da militancia.

Nesta serie de cursos, Vilagarcía acolleu o pasado sábado día 20 de febreiro a partires das 10 da mañá o Curso Básico de Política Municipal, que se celebrou na sede do partido.

PROGRAMA E POÑENTES:
  • Réxime de funcionamento dun concello. José Arcos
  • Xestión orzamentaria. Xaquín Fernández Leiceaga
  • Xestión de persoal. Miguel Diéguez
  • Estratexia política: da oposición ao goberno. José Manuel Freitas
  • Experiencias de xestión municipal. Francisco Fraga Civeira
  • Políticas socialistas nos concellos. Mar Barcón e Carlos Fernández Castro

A celebración do curso incluíu unha comida conxunta entre os participantes, que continuaron a xornada en sesión de tarde, rematando o curso ás 19:30 h.

Dende a agrupación de Vilagarcía celebramos estas iniciativas e, de xeito especial, que se realicen na nosa vila e invitamos unha vez máis a toda a militancia a participar activamente nas actividades que se organicen.

1 comentario:

  1. felicitacións a todos por iniciativas de este tipo. coa formación, os socialistas aportaremos a este mundo o mellor de nós mesmos, de forma máis eficiente e eficaz!!!!!

    ResponderEliminar