Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

5/3/11

Modesto Pose visita Cáritas, ampliando a súa rolda de contactos ás entidades de carácter social

A directiva de Cáritas expoñen ao candidato socialista á Alcaldía a súa labor ante a difícil situación económica que estamos a vivir
Pose amplía aos colectivos socias a súa rolda de xuntanzas de traballo, que continuará a semana próxima con Cruz Vermella

Vilagarcía de Arousa, 05 de marzo de 2011.- O candidato do Partido Socialista á Alcaldía de Vilagarcía, Modesto Pose, visitou as instalacións de Cáritas en Vilagarcía. A visita serviu para manter unha xuntanza coa directiva da entidade social, que lle transmitiu a Pose a súa visión sobre a situación actual de Vilagarcía e a importancia da súa labor. Modesto Pose foi acompañado na visita pola Secretaria Xeral do PSdeG en Vilagarcía e número 3 da candidatura socialista ás vindeiras eleccións municipais, Tania García, traballadora social e membro do equipo de voluntariado de Cáritas. 

Durante a xuntanza, conveniuse na necesidade de implementar a coordinación dos esforzos de todas as entidades de ámbito social da localidade, e incidiuse na necesidade de reforzar os recursos para as persoas en situación de risco ou exclusión social. Os socialistas recolleron as propostas da directiva de Cáritas e coincidiron na importancia da posta en funcionamento do albergue para persoas sen fogar, proxecto xa feito realidade polo Goberno local e que foi unha das grandes apostas dos socialistas para o seu programa de goberno en 2007.

Para Modesto Pose, "a labor que desenvolven as entidades sociais, sendo Cáritas un exemplo modelo, resulta sempre fundamental, pero aínda o é máis dados os tempos que vivimos. Realmente, sen a labor desinteresada de tanta xente, e a súa vontade de traballo para os demáis, estaríamos nunha situación moito máis grave". 

Esta visita forma parte da rolda de contactos que o candidato socialista iniciou con diferentes entidades de Vilagarcía, comenzada no eido sindical e patronal e continuada coa xuntanza de traballo coa asociación de hosteleiros (e coa xuntanza que a vindeira semana manterá con Zona Aberta). Esta liña de entrevistas amplíase agora ás asociacións e entidades de carácter máis social como Cáritas ou Cruz Vermella, á que visitará a semana próxima, así como demáis colectivos deste campo cos que está previsto contactar para coñecer as súas aportacións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario