Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

3/3/11

O Partido Socialista considera clarificadoras as explicacións do concelleiro José Membrives sobre as súas actuacións na concellería de Persoal


Os datos desmontan por completo a campaña de difamación verquida sobre Membrives e Susana Camiño por algúns membros de UGT – Concello

Os socialistas consideran que o traballo deféndese traballando, e non utilizando os recursos dunha organización para pelexar por privilexios persoais

Vilagarcía de Arousa, 03 de marzo de 2011.- A Comisión Executiva Municipal de Vilagarcía do PSdeG, ante algúns comentarios interesados surxidos dende algúns militantes da sección da FSP – Pontevedra do sindicato UGT, quere manifestar o seu respaldo ao concelleiro de Persoal do Concello de Vilagarcía, José Membrives, e por extensión ás súas decisións tomadas neste area.

Como foi público, o Concelleiro José Membrives está a dar constantes e clarificadoras explicacións sobre as súas accións, especialmente sobre aquelas que eses membros do sindicato están a difundir informacións falsas e difamatorias, e neste punto tamén resulta necesario mostrar o apoio total á concelleira Susana Camiño, involucrada tamén nesta difusión de información terxiversada.

Resulta innegable que para os socialistas, o sindicato UGT ten unha significación particular e unha importancia fundamental na acción social, polo que as relacións son de especial relevancia. É por isto que consideramos pouco apropiada a conducta que están a exercer algúns membros, que abandoaron unha das principais tarefas da acción sindical como é chegar a acordos nas mesas de negociación, amparándose en cuestións puramente persoais. Valoramos que estas actuacións non representan ao global do sindicato UGT, nin á maioría dos seus afiliados que están fora de toda dúbida, senón que son froito do interese de determinados membros que se amparan na súa labor sindical para defender os priliexios de uns poucos baseados en cuestións persoais.

É indiscutible que o traballo deféndese traballando. Non existen mecanismos alternativos, nin intentonas de coacción e intimidación posibles con reparto de pasquíns, demandas e presións mediáticas para obter resultados que non son xustos.  O concelleiro Membrives ven desenvolvendo unha labor na concellería na que prima a igualdade de oportunidades para todos, o trato xusto a todos os traballadores (independentemente de quen sexa cada un) e a defensa da calidade e estabilidade do traballo. UGT ten a oportunidade de retomar a súa actividade sindical, profundamente lexítima e absolutamente necesaria, pola vía das accións naturais, do diálogo e do entendemento. Sería positivo para todos, e especialmente para eles mesmos, que toda a forza da súa organización se canalizara polas vías habituais e abandoaran a confrontación irracional para poder loitar pola defensa dos traballadores dende as institucións, e non contra elas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario