Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

14/3/11

O candidato socialista á Alcaldía de Vilagarcía, Modesto Pose, organiza un debate aberto para definir o programa de goberno en materia de política social


O acto terá lugar mañá martes, as 20h, no Auditorio Municipal de Vilagarcía.
Están convocadas entidades do eido social, aínda que o debate é aberto á participación de calquera cidadán

Vilagarcía de Arousa, 14 de marzo de 2011.- O candidato socialista á Alcaldía de Vilagarcía, Modesto Pose, manterá mañá martes, as 20h nun seminario do Auditorio Municipal, unha charla e debate sobre o que será o seu programa de goberno en materia de política social. A esta actividade están convocadas asociacións e entidades de carácter social de Vilagarcía, con algunhas das cales Modesto Pose xa mantivo xuntanzas de modo particular, con fin de culminar un programa aberto e participativo. Sobre este acto, Modesto Pose apuntou que “a vontade do  Partido Socialista é facer política non para os cidadáns, senón  cos cidadáns, e por iso pretendemos facer estas xuntanzas, para que poidamos recoller e debater o que os cidadáns queren que o goberno do seu Concello faga”.

Sobre o feito de inaugurar estes debates coa materia de política social, o alcaldable socialista indicou “son as políticas sociais aquelas nas que os socialistas nos sentimos máis implicados, e que nestes tempos merecen unha maior atención. Por iso queremos amosar esta implicación iniciando esta rolda pola xuntanza sectorial nesta materia”.

Estes debates abertos para a elaboración do programa súmanse á rolda de xuntanzas que Modesto Pose está a desenvolver con distintas asociacións e entidades de Vilagarcía, de todas as áreas. Ademais esta intensa actividade verase incrementada de inmediato, dado que a previsión é que esta semana tamén o candidato inicie unha serie de visitas ás parroquias do rural, na que todos os veciños terán a oportunidade de expresar as súas inquedanzas ao candidato e ós membros da candidatura socialista, xa que todas as parroquias serán visitadas nas vindeiras semanas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario