Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

22/3/11

Modesto Pose visita Castrogudín para entrevistarse cos veciños e recoller as súas demandas

O candidato socialista á Alcaldía estivo acompañado de varios membros da candidatura, entre eles Satiro Doval, de Castrogudín.
Os socialistas están ultimando o programa electoral, do que xa veñen avanzando proxectos importantes recentemente

Vilagarcía de Arousa, 21 de marzo de 2011.- Modesto Pose, candidato do PSdeG á alcaldía de Vilagarcía visitou onte domingo a parroquia de Castrogudín, dentro da rolda de visitas que está a realizar a todas as asocacións de veciños do municipio. Pose estivo acompañado de varios membros da candidatura socialista: Manuel R. Cuervo, Lino Mouriño, Tania García e de xeito especial por Satiro Doval, de Castrogudín e número 12 da lista do Partido Socialista, que tivo un papel protagonista na visita.

Pose aproveitou a mañana de domingo para pasear pola parroquia e consultar a moitos veciños na porta das súas casas. Outros aproveitaron para acompañar na visita á pé ao secretario provincial de Pontevedra dos socialistas, e trasladar as súas demandas e suxerencias.

Os candidatos socialistas mantiveron moitas conversas cos veciños, cos que coincidiron plenamente na necesidade de establecer canles fluídos de conversas habituais, para manter unha relación natural entre os veciños e o Concello. A este respecto Modesto Pose apuntou que “como xa vimos expresando nestes últimos tempos, a miña vontade nos vindeiros anos será facer política cos cidadáns, da súa man, e poñendo os recursos e as capacidades das institucións a traballar para que todas as parroquias, sexan cales sexan, sintan o Concello como a súa casa”.

ULTIMANDO O PROGRAMA ELECTORAL

A actividade do Partido Socialista non descansará, e esta semana os diferentes membros dos equipos que xa están a elaborar o programa electoral dende hai algunhas semanas manterán diversas xuntanzas para ultimalo. Cabe lembrar que o candidato socialista xa avanzou algunhas liñas mestras, entre elas as propostas en materia de Turismo e tamén o proxecto que os socialistas consideran dos máis ambiciosos que ten Vilagarcía no horizonte nos últimos tempos, que ten como obxectivo dotar ao municipio dunha estación intermodal de transportes, que liberaría o espacio da actual estación de autobuses para uso social e para ampliar o centro educativo A Escardia. Estes avances permitirían utilizar o actual edificio do centro Anexo A Lomba para unha necesaria biblioteca de referencia e, con isto, recuperar o formato tradicional da Casa de Cultura de Rey Daviña e o seu salón de teatro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario