Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

30/3/11

O Partido Socialista de Vilagarcía aprecia “esperpéntico” o sainete que está a montar Tomás Fole coa presentación da súa lista electoral


O candidato popular, teóricamente profesional do ámbito económico-empresarial, precisa da fichaxe de varios economistas para facer unha labor que tiña que ter feito el mesmo
A súa vagancia está a provocar situacións absurdamente paradóxicas como que Fole teña que recurrir a persoal externo para correxirse a si mesmo

Vilagarcía de Arousa 30 de marzo de 2011.- O Partido Socialista de Vilagarcía, no seu intenso traballo de contacto cos veciños, comproba con certa desazón o sainete que está a montar Tomás Fole coa presentación dos seus membros da lista electoral. Primeiro Fole presentou a un experto en deportes que desprecia as institucións deportivas de Vilagarcía pero pretende facer propostas sobre elas. Despois presentou  a candidatos que pretenden atender aos veciños en 48 horas cando o máis difícil que hai no Concello é localizar a algún representante do PP en menos de ese tempo porque non están nunca. No día de onte o candidato popular presentou en sociedade a un grupo de colaboradores, dos que non quedou claro se serán membros da candidatura ou non, e que pretenderán facer un “diagnóstico” da situación económica do Concello de Vilagarcía.

Resulta espeluznante pensar, dado o plantexamento de Tomás Fole, que el mesmo despois de 8 anos como concelleiro non se considere capaz de facer unha valoración real da economía do Concello que aspira a dirixir. Preguntámonos os socialistas entón se os 4 anos que estivo como concelleiro liberado, e os 4 que leva agora cobrando da Deputación por traballar no ente “virtual” do IPESPO (sen que se saiba moi ben qué fai e onde está o seu lugar de traballo), non serviron para que poida facer un mínimo o seu traballo. Se Fole quere coñecer a situación económica do Concello, como coñecen todos os demáis portavoces e partidos políticos de Vilagarcía que si fan o seu traballo, ten a un equipo de traballadores e profesionais de altísima valía no propio Concello, que fan o seu traballo con eficacia e que seguro que estarán dispostos a contarlle ao señor Fole todo o que a súa vagancia non lle permitiu consultar nos últimos 8 anos.

Semella entón que o candidato popular estase a acompañar de persoas para que fagan o que el tiña que facer. É agora cando se demostra que Fole únicamente se preocupou, en 8 anos pagados dos cartos públicos, de sair moito na prensa pero non asistir as reunións, non recoller información, non pasar polo Concello nada máis que para os plenos e comisións que se cobran e pretende agora presentarse como o salvador.

No conxunto dos seus colaboradores, definitivamente, Fole monta un teatro mediático dos que moito lle gustan para aparentar que se rodea dun grupo de excargos políticos dos gobernos Fraga, que tiveron moitas responsabilidades e actividades fora de Vilagarcía pero non aquí e que van facer o traballo que lle corresponde a el mesmo. Dende o Partido Socialista considérase que non se pode recuperar en 8 semanas o traballo que non se fixo en 8 anos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario