Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

29/3/11

Modesto Pose recolle a exixencia cidadá da ampliación do Hospital e da construcción dun novo centro de saúde na antiga Comandancia, nun numeroso debate aberto co sector sanitario.


O candidato socialista á Alcaldía de Vilagarcía reuniu a sanitarios, usuarios e veciños en xeral para avanzar o seu programa de goberno e recoller as ideas dos cidadáns.

Vilagarcía de Arousa, 29 de marzo de 2011.- O candidato socialista Modesto Pose continuou este luns coa rolda de debates abertos temáticos, para recoller aportacións cidadáns de cara a definir finalmente o programa de goberno en materia de sanidade. O debate, ao que concorreron preto dun centenar de persoas entre profesionais do eido sanitario e usuarios dos centros sanitarios, celebrouse no Auditorio de Vilagarcía a última hora do luns. Acompañando a Modesto Pose estaban Álvaro Carou, concelleiro de sanidade do Concello de Vilagarcía e número 9 da candidatura socialista, e Fernando Quintela, enfermeiro de profesión e número 8 da lista do PsdeG.

Neste debate aberto Pose reafirmou que os socialistas “consideramos fundamental e irrenunciable a construcción dun novo centro de saúde para Vilagarcía, de referencia e da calidade que o noso municipio merece”. Esta vontade foi ben acollida polos asistentes, e foi enlazada coa outra gran reivindicación dos vilagarciáns, que é a ampliación do Hospital de Salnés, centrándose esta ampliación no servicio de urxencias, de consultas externas, de ciruxía, de reanimación e na UCI. Pose, Carou e Quintela coincidiron en sinalar a Marta Rodríguez como “a gran mentireira do Hospital”, e denunciaron o baile de promesas incumplidas entre ampliacións fallidas, orzamentos sen concretarse e ofrecementos como o do xa famoso millón de euros que nunca apareceu por ningún lado.

Os socialistas plantexaron tamén a súa vontade de constituir o Consello Local de Sanidade, un ente que non acarreará ningún custo para as arcas municipais e que terá representación das institucións, dos estamentos sanitarios e dos cidadáns, cuxa función será promover campañas de hábitos de vida saudables, prevención de conductas nocivas, educación para a saúde e conformar a Vilagarcía como unha cidade de vida sa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario