Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

27/3/11

O Partido Socialista defenderá “con toda a súa forza” a construcción dun novo centro de saúde na antiga Comandancia da Marina



O PSdeG de Vilagarcía constata que esta reclamación, xunto coa ampliación do Hospital do Salnés, é un clamor popular

Vilagarcía de Arousa, 25 de marzo de 2011.- Os membros da candidatura socialista Manuel R. Cuervo, Fernando Quintela y Lino Mouriño, presentaron as ideas máis importantes que rexirán o programa de goberno, en materia de sanidade, e que presentarán para as vindeiras eleccions municipais. A rolda de prensa foi ofrecida diante do edificio da antiga Comandancia de Marina, que para os socialistas é o símbolo da súa aposta en política sanitaria para Vilagarcía, pois é o lugar idóneo para a ubicación do novo centro de saúde que precisa Vilagarcía.

Tal e como sinalou Quintela, sanitario de profesión, “en Vilagarcía estamos fartos do ninguneo que está a adicarnos a Xunta de Galicia. Un centro de saúde novo, de referencia e de calidade é o que Vilagarcía necesita. Non aceptaremos dispensarios, consultorios ou cuestións menores. Esta é unha reivindicación á que non imos renunciar, e o lugar para desenvolvela é inmellorable. Aquí.” Os candidatos socialistas coincidiron en sinalar as vantaxes que o sitio ten, como unha óptima accesibilidade a pé ou en transporte, coas paradas de autobús ao seu carón e espazos de aparcamento próximas. Lembraron os socialistas, ademáis, que todo está perfectamente disposto, pois xa no seu día a Autoridade Portuaria puxo os terreos a disposición da Consellería para afrontar esta infraestructura.

Ademáis do centro de saúde, os membros da candidatura socialista reclamaron tamén a ampliación do Hospital do Salnés, lembrando que xa o Plan Director de Infraestructuras Sanitarias 2008-2013 establecía un orzamento de 9,3 millóns € para a ampliación deste centro. “Dende aquela, o PP non fixo máis que dar largas ao asunto e nunca máis soubemos nada. A deputada Marta Rodríguez, que é a principal responsable do ninguneo sanitario á Vilagarcía, prometeu primeiro un diñeiro que nunca apareceu nos orzamentos, e logo falou daquel millón de € que se ía investir o ano pasado e do que tivemos a realidade de sempre, nada”, apuntou Quintela.

Noutro sentido, os socialistas  quixeron tamén presentar a idea de crear o Consello Municipal de Saúde, un órgano que non tería coste para as arcas municipais e que contaría con participación cidadán, das institucións e dos estamentos sanitarios para establecer puntos común de traballo na área de saúde. Dende este Consello, os socialistas pretenden impulsar unha Vilagarcía saudable, que aposte pola educación na saúde, pola promoción de hábitos de vida saudables e políticas trasversais que contribúan a unha cidadanía máis participativa e máis concienciada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario