Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

15/3/11

O candidato socialista á Alcaldía, Modesto Pose, comeza una rolda de visitas ás parroquias que iniciou onte en Cornazo.

Pose percorrerá todo o municipio, para entrevistarse con todas as asociacións de veciños e colectivos
O alcadable socialista comprometeu en Cornazo a recuperación do entorno do río Lomba e estudiar posibles melloras viarias.

Vilagarcía de Arousa, 15 de marzo de 2011.- O candidato socialista á Alcaldía de Vilagarcía, Modesto Pose, iniciou onte en Cornazo unha rolda de visitas ás parroquias do municipio, que abre unha nova liña de entrevistas que se suma ás xuntanzas con entidades e colectivos de Vilagarcía, así como a rolda de debates abertos para a definición do programa que inicia hoxe martes no Auditorio, as 20h, coa materia de Políticas Sociais.

Na visita a Cornazo, Pose tivo a oportunidade de coñecer de primeira man as reivindicacións e opinións das asociacións que participaron da xuntanza por medio de algúns dos seus representantes, como foron a Asociación de Veciños, a Asociación de Mulleres Rurais, a Comunidade de Montes, a Asociación Cultural Xeada e o Club de Fútbol San Pedro de Cornazo. A intención do candidato socialista é que nestas xuntanzas participen todos os colectivos de cada parroquia, para ofrecer os distintos puntos de vista. En representación da candidatura socialista acudiron o propio candidato, Manuel R. Cuervo, natural de Cornazo, Lino Mouriño e Fernando Quintela.

No caso de Cornazo, as asociacións presentaron as súas ideas sobre a relación entre Concello e AAVV, e posibles melloras cara o futuro, ademáis de ideas non soamente relacionadas coa súa parroquia senón co funcionamento da administración municipal. Modesto Pose comprometeuse a ter vías directas de comunicación cos veciños, o que considera “o fin último dos que adquiren responsabilidades políticas, dar servizo aos veciños e solucionar os seus problemas”.

Ademáis, de maneira concreta para Cornazo os asistentes á xuntanza coincidiron na posible mellora de algúns aspectos viarios, como son o maior control na subida e baixada da saída da circunvalación ata chegar ao centro de Vilagarcía, dado que agora aumentou de maneira importante a súa afluencia de tráfico, e facilitar na medida do posible a saída do campo de fútbol no seu acceso á carretera de Lobeira.

Pola súa banda Modesto Pose, ademáis de amosar a súa disponibilidade para resolver as cuestións que lle foron plantexadas, expuxo a súa vontade de recuperar o entorno do río Lomba, idea que foi moi ben acollida entre os que participaron da xuntanza.

Ao rematar a visita, Modesto Pose de “moi positiva a visita, xa que ninguén mellor que os veciños dun lugar para coñecer as súas demandas máis concretas e directas, que son as que, ao final, máis inflúen sobre a súa vida diaria”.



No hay comentarios:

Publicar un comentario