Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

26/3/11

Modesto Pose valora como “ilusionante e productivo” o primeiro mes de traballo da candidatura socialista

O candidato socialista considera moi positivo para Vilagarcía que os dous grandes proxectos presentados estexan a ser debatidos e comentados polos cidadáns e os partidos políticos.

Modesto Pose valora como “ilusionante e productivo” o primeiro mes de traballo da candidatura socialista, que está a recibir unha grande acollida polos veciños.
O candidato socialista considera moi positivo para Vilagarcía que os dous grandes proxectos presentados estexan a ser debatidos e comentados polos cidadáns e os partidos políticos.
Vilagarcía de Arousa, 26 de marzo de 2011.- O candidato socialista á Alcaldía de Vilagarcía, en valoracións feitas hoxe cos membros do seu equipo de campaña para as eleccións municipais, valorou o primeiro mes de traballo da súa candidatura de forma moi positiva, considerando que “estase a producir xa o debate de ideas, que para nos é o interesante”. Aproveitou tamén para facer fincapé en que “fomos os primeiros en comezar a visitar entidades, asociacións de veciños, parroquias e a todo canto veciño quere falar con nos porque esa é a nosa concepción da situación na que estamos. Queremos construir o noso proxecto cos veciños”.
Pose fixo especial incidencia nas dúas cuestións programáticas principais que avanzaron os socialistas. En primeiro lugar o plan de reutilización de espazos públicos que plantexa o establecemento dunha estación intermodal de transportes tren-autobús, liberando tanto o espazo da dársena da estación de autobuses actual, aproveitado para a necesaria ampliación do centro de A Escardia, como tamén o edificio que o alcaldable socialista ten a vontade de formular como a Casa das Asociacións dando cabida as entidades socias. Este plan permitiría liberar o actual Anexo de A Lomba, que sería o edificio destinado a unha gran biblioteca, e así poder recuperar o formato tradicional da Casa de Cultura de Rey Daviña, co seu salón de actos que os socialistas consideran “un emblema”.

Tamén a conversa de traballo de Pose co seu equipo serviu para analizar a futura xuntanza co Presidente da Autoridade Portuaria, na que o candidato socialista plantexará o interese de recuperar o proxecto de atraer para Vilagarcía un hotel de alta gama e ocupación, como elemento protagonista dun plan estratéxico para reformular o turismo como unha industria en Vilagarcía, coa creación do Patronato de Turismo, a búsqueda dunha solución para a convivencia do baño e o marisqueo na praia, a potenciación do turismo verde e o establecemento de alianzas coa comarca e con Santiago de Compostela.

Unha das cuestións máis relevantes para o candidato socialista con respecto a estes proxectos é que os diversos partidos políticos que se presentarán as eleccións están a falar, principalmente, destas ideas presentadas polos socialistas. Para Pose “esto demostra que son proxectos de calado, con visión de cidade e que todos os entenden como importantes”, pero indo máis alá considerou que “as ideas non están para que teñan pais ou nais, senón para ser feitas se son boas. Se outros partidos propoñen ideas e proxectos bos, eu como Alcalde sería o primeiro en incorporalos ás actuacións a levar a cabo. Por iso creo positivo que todos os partidos políticos estén a falar das nosas propostas”.

En preparación da vindeira semana, os socialistas quixeron anunciar a convocatoria para os actos sectorais de Sanidade e Educación, luns e mércores respectivamente as 20h no Auditorio de Vilagarcía nos que, como xa fixeron no ámbito de políticas sociais, pretenden debater con membros de propio sector as propostas para o programa de goberno.

No hay comentarios:

Publicar un comentario