Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

13/3/11

O candidato socialista á Alcaldía, Modesto Pose plantexa como obxectivo a recuperación do inmoble do antigo asilo para uso social

A idea é plantexada por Pose tras unha xuntanza con Cruz Vermella e a anterior visita a Cáritas
A xuntanza foi desenvolvida no albergue que a entidade dispón na súa sede de Vilagarcía, e que foi un dos temas principais da entrevista xunto cos proxectos principais desenvolvidos por Cruz Vermella hoxe en día.

Vilagarcía, 12 de marzo de 2011.- Modesto Pose, candidato do PSdeG á Alcaldía de Vilagarcía, visitou as instalacións de Cruz Vermella en Vilagarcía para coñecer as actividades e proxectos que esta entidade está a desenvolver. A secretaria da entidade a nivel provincial, María Jesús Fernández e a coordinadora comarcal de Cruz Vermella, Marian Vélez recibiron ao candidato socialista, que se fixo acompañar de Tania García, secretaria local do PSdeG de Vilagarcía e número 3 da candidatura socialista.

O albergue de Cruz Vermella foi o escenario da xuntanza, e tamén unha das cuestións tratadas de máis relevancia. As directivas da institución destacaron a importancia do albergue, e a súa utilización constante que contribúe a mellorar as posibilidades de asistencia aos máis necesitados. Todos os asistentes á xuntanza destacaron este proxecto como de vital importancia, e coincidiron na necesidade de manter o respaldo que o Concello está a ofrecer que, ademáis da participación na reforma da instalación, contribúe ao seu mantemento cunha importante axuda económica que dende Cruz Vermella consideran “imprescindible”. Pose e García reiteraron o seu compromiso con este proxecto, que foi incluído xa no programa electoral socialista de 2007, e que “dende logo non resolve por completo ningún problema, pero contribúe a axudar a que en Vilagarcía ninguén durma na rúa”, apuntou García.

Pose, pola súa banda, destacou a importancia fundamental da labor que entidades como Cruz Vermella realizan, “no estratos sociais menos favorecidos e con máis necesidades, que teñen que ser sempre un obxectivo. As sociedades evalúanse moitas veces polo seu nivel de riqueza, pero hai que valorar o nivel de avance dunha sociedade tamén pola atención que presta aos máis necesitados”.

Recuperación do antigo asilo

Despois das xuntanzas con Cáritas e Cruz Vermella, nas que as entidades plantexaron as demandas de máis espacio para o desenvolvemento de novos proxectos e actividades, o candidato socialista reflexionou sobre a casa do antigo asilo (o edificio situado entre as sedes destas dúas entidades), que pertence á Fundación Asilo-Hospitalillo, da que o Alcalde/Alcaldesa é un dos tres membros do seu padroado. Modesto Pose plantexou como obxectivo “recuperar o inmoble para a súa utilización social, o que daría moitísimas posibilidades para novos proxectos, actividades e instalacións das institucions sociais. É un obxectivo de profundo calado, e que repercutirá en mellores posibilidades de atención e servicio neste eido, que será chave na vindeira lexislatura”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario