Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

24/2/15

Alberto Varela considera “lamentable” o espectáculo no que o goberno municipal converteu os plenos do Concello

O candidato socialista non comprende decisións como a de onte de rexeitar o debate sobre unha moción sobre a atención aos enfermos de hepatite C

Varela pregúntase cal é o motivo da urxente renovación do convenio coa empresa concesionaria da limpeza

Vilagarcía de Arousa, 24 de febreiro de 2015.- O candidato socialista á Alcaldía de Vilagarcía, Alberto Varela, asistiu onte ao Pleno Municipal como leva facendo dende hai tempo e valorou as situacións que se producen neste debate, considerando que a actitude do goberno local é “lamentable”. Varela afirmou que “non pode ser que un Alcalde promova confrontacións, teña actitudes retadoras e pretenda solventar as situacións a base de imposicións ou decisións salomónicas. Na política necesitamos máis tranquilidade e menos agresividade”.

O alcaldable do PSdeG puxo como exemplo da situación “esperpéntica” o debate sobre a moción acerca do tratamento médico aos enfermos de hepatite C. Houbo dous grupos municipais que solicitaron debatir mocións sobre o tema, PSdeG e BNG, que o alcalde rexeitou, e houbo unha petición de urxencia, coa presencia no pleno dos representantes dos afectados. Con esta situación, Varela afirma sentirse “indignado” cando escoita “media hora de discurso autoxustificativo para motivar que non se debata un tema deste calado que afecta a veciños e veciñas de Vilagarcía, que estaban aí presentes, que teñen un problema grave cuxa solución ten que vir das decisións políticas”. “En menos tempo que o Alcalde adica a repetir tres ou catro veces as cousas para terminar por non dicir nada, o Pleno de Vilagarcía podía ter aprobado una declaración de apoio, que era case o único que os afectados solicitaban”, explicou Alberto Varela.

Varela tamén quixo valorar a decisión do goberno municipal de prorrogar a concesión á empresa encargada do servizo de limpeza de Vilagarcía, e afirmou que “ao igual que expuxo estes días a nosa voceira municipal, eu tamén me pregunto por que o Alcalde acelerou este proceso cando o contrato remataba en xullo. A lóxica indica que sería unha nova corporación a que tivera que debater esto, e un novo goberno municipal o que teña que deseñar a prórroga ou nova concesión. Fole ven de hipotecar as decisións sobre a limpeza de Vilagarcía por 3 anos”. Ademáis das dúbidas sobre as motivacións para unha decisión de tanto calado, os socialistas amosaron a súa preocupación polo que pode supor para os traballadores, apuntando que “esperamos que esta prórroga non supoña precarización da situación laboral dos traballadores, ou condicións leoninas que teñan como fin último traballar explotadamente os tres meses que quedan para as eleccións para que Fole poida utilizar o seu esforzo de maneira electoralista”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario