Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

6/2/15

Alberto Varela inicia as xuntanzas cos sectores produtivos de Vilagarcía, comezando polos hostaleiros e os comerciantes



No día de onte, Varela e Tania García acudiron á sede de Zona Aberta e a semana pasada o candidato socialista mantivo unha xuntanza co colectivo Ahituhi

Varela destacou que "a importancia fundamental na actividade económica destes sectores fai imprescindible traballar en conxunto, escoitar e dialogar constantemente"

Vilagarcía de Arousa, 6 de febreiro de 2015.- O candidato socialista de Vilagarcía comezou nas últimas semanas a visita aos principais sectores produtivos da cidade, iniciando esta acción con xuntanzas cos hostaleiros e os comerciantes. No día de onte, Varela e Tania García acudiron á sede de Zona Aberta e na semana pasada mantivo unha xuntanza coa dirección de Ahituvi. Varela apuntou que "a hostalería e comercio supoñen en torno ao 69% da actividade económica de Vilagarcía, polo que son dous colectivos que merecen unha atención prioritaria no proxecto da Vilagarcía que todos queremos para os vindeiros anos".

O candidato socialista compartíu a súa visión de Vilagarcía con estes colectivos, baseada na idea das potencialidades da vila debido a súa estratéxica posición nas comunicacións con Galicia e a meseta, e como punto de referencia da ría. Varela considera que "é posible extraer unha enorme produtividade da nosa situación, mais é necesario esforzarse e traballar para elo, e agora ninguén con responsabilidade de goberno nas administracións o está a facer".

Varela recabou as ideas dos colectivos, e incidíu en que "por riba de todo o que se poida aportar e poñer en marcha sectorialmente, o fundamental é a participación e o diálogo para as decisións de goberno. É imprescindible que os hostaleiros e comerciantes tomen parte daquelas iniciativas que os afectan, e a responsabilidade dun goberno local está en escoitar e plantexar obxectivos conxuntos".

Particularmente o candidato socialista puxo en valor as accións políticas desenvolvidas polo grupo socialista nesta lexislatura dende a oposición, destacando a oposición á creación de grandes áreas comerciais na periferia, como foi no intento do PP de impulsar un centro comercial nos terreos na antiga Megasa, ou a necesidade de promover dende a administración a realización de eventos e actividades que atraian xente a Vilagarcía durante todo o ano.

No hay comentarios:

Publicar un comentario