Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

5/2/15

O Partido Socialista de Vilagarcía celebra este sábado 7 de febreiro unha xornada de portas abertas a cidadanía para escoitar as súas demandas

Os socialistas, xa metidos de cheo na elaboración do seu programa electoral para as municipais de maio, convocan aos veciños de Vilagarcía a participar na súa concreción

Vilagarcía de Arousa, 5 de febreiro de 2015.- O Partido Socialista de Vilagarcía celebrará o vindeiro sábado 7 de febreiro unha xornadas de portas abertas á cidadanía de 17:00 ata as 21:00 na súa sede da rúa Castelao, 18 para escoitar as ideas que teñen os veciños e que consideren que deberían ser incluídas no programa do PSOE de Vilagarcía para as vindeiras eleccións municipais.  O candidato á Alcaldía, Alberto Varela, participará tamén da xuntanza, pretendendo que participen o maior número de veciños e veciñas de Vilagarcía. Neste senso, Varela apuntou que “a cidadanía solicita participación, e con toda a razón pois os partidos políticos non podemos monopolizar a acción política, senón que temos que ser instrumentos de participación a través dos que transformar a sociedade. Os socialistas entendemos esta vontade e abrimos as nosas portas para todos os vilagarciáns, que ven como esta cidade está enquistada e adormecida. Queremos ser protagonistas do proceso de cambio de Vilagarcía e queremos selo coa maior participación posible”.

Dende o Partido Socialista convidan, ademais, a que quen non poida asistir a este encontro tamén pode facer chegar as súas propostas programáticas a través das redes sociais do PSOE Vilagarcía, tanto vía Twitter como Facebook e por suposto email (psdeg_psoevilagarcia@yahoo.es). Dende o PSdeG de Vilagarcía anuncian que non será a única xornada similar e que realizará outra similar a inicios do mes de marzo para pechar as propostas que se incluirán.


Sinalar tamén que hoxe xoves ás 21:00 o candidato Alberto Varela e a voceira municipal Tania García terán unha reunión con membros de Zona Aberta na súa sede para recoller ás demandas do colectivo de comerciantes de Vilagarcía tan maltratados polo actual Alcalde Tomás Fole.   

No hay comentarios:

Publicar un comentario