Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

9/10/11

José Manuel Vázquez, Alcalde de A Illa de Arousa, será definitivamente o número 3 da lista do PSOE ao Congreso dos deputados



A portavoz dos socialistas en Meis, Marta Giráldez, e o militante de Vilagarcía Fernando Quintela complementan a lista como suplentes
O Comité Federal do PSOE ven de aprobar esta mañá as candidaturas ao Congreso e Senado para as vindeiras eleccións xerais

Vilagarcía de Arousa, 8 de outubro de 2011.- O Partido Socialista de Arousa terá en José Manuel Vázquez Vázquez, Alcalde de A Illa de Arousa, ó seu principal representante nas listas do PSOE para o Congreso das vindeiras eleccións xerais, tal e como aprobou en Madrid o Comité Federal do partido hoxe pola mañá.

Despois do traballo de oito anos do cambadés Domingo Tabuyo os militantes arousáns apostaron por abrir unha nova etapa, depositando a confianza en Manuel Vázquez. Vázquez, economista de formación é o primeiro, e polo de agora único, Alcalde elixido de A Illa de Arousa, chegando á alcaldía en maio de 1999 trala segregación de 1997. A pesares de que moitas voces apuntaron a inviabilidade do novo Concello no seu día, Vázquez consolidou un proxecto que fai hoxe da Illa un Concello consolidado, modernizado, saneado economicamente e que resulta exenplo en xestión e convivencia.

Ao longo destes anos, os diferentes gobernos municipais de A Illa de Arousa, comandados todos por Manuel Vázquez, conseguiron dotar ao municipio de infraestruturas básicas como o novo Concello, o instituto, o auditorio, o vial de acceso ao porto do Xufre ou novo centro de saúde en fase de construción.  A Illa de Arousa é un Concello recoñecido a nivel europeo pola súa xestión medioambiental, destacando a posta en valor do parque natural do Carreirón, a consecución de dúas bandeiras azuis, a implantación de rutas de senderismo e a aposta pola reciclaxe e o compostaxe doméstica que valeulle ao Concello varios recoñecenentos e distincións.



Como complenento á representación de Manuel Vázquez, os socialistas arousáns estarán tamén representados nas candidaturas pola portavoz do partido en Meis, Marta Giráldez e polo militante de Vilagarcía Fernando Quintela. Preténdese así recoñecer a labor de Giráldez, avogada, que reactivou ao partido en Meis estes últimos anos acadando significativas subidas de votos, e dar continuidade a Quintela que xa concurríu na candidatura das eleccións municipais eN Vilagarcía, sen resultar elexido, e que está sendo un dos responsables socialistas na área sanitaria dada a súa condición profesional de enfermeiro.

Todos eles formarán unha candidatura encabeza pola viguesa Carmela Silva, que renatou a lexislatura como portavoz do Senado, e polo pontevedrés Guillermo Meijón, actual deputado no Parlamento de Galicia e secretario de educación do PSdeG-PSOE. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario