Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

17/10/11

O Partido Socialista proporá enmendas á proposta de estatutos da FPSDM para evitar que os clubes poidan quedar sen representación


O boceto de estatutos reduce drásticamente a presenza de asociacións de veciños, ANPAs e colectivos de profesores en órganos que tamén ven reducidas as súas competencias.

Vilagarcía de Arousa, 17 de outubro de 2011.- O Partido Socialista, despois de estudar o borrador de estatutos da FPSDM proposto polo concelleiro de deportes Luis Garrigós, presentará diversas alegacións para tentar de correxir algúns puntos que considera que non son apropiados, ademáis de solicitar unha xuntanza co actual concelleiro de Deportes para plantexar reformular algunhas ideas que conxuguen unha perspectiva máis aberta do deporte municipal.

Os socialistas consideran que os estatutos actuais son un bo marco de referencia, cos que a concellería tivo etapas en que foi o departamento mellor valorado do Goberno Municipal. Sen embargo, queren recoñecer a lexitimidade de Garrigós para facer a súa proposta que, aínda así, debería axustarse as liñas xerais propostas en campaña electoral, principalmente ao feito de dar maior capacidade de opinión aos clubes. Este punto é precisamente onde a nova proposta mostra un grande oco, xa que o borrador inclúe aos clubes deportivos nun órgano de nova creación, o Consello Consultivo, sen ningunha competencia real de decisión e coa soa misión executiva de nomear 3 membros a un Consello Reitor de 14 integrantes. Os clubes compartirían consello consultivo ao mesmo nivel con ANPAs, colectivo de profesores de educación física e asociación de veciños, polo que sería posible que ningún representante de clubes fora elixido para formar parte dos órganos con capacidade decisora, o cal supón un sinsentido descomunal. De maneira xeral os socialistas consideran que eses colectivos sinalados teñen, tamén, que ter asegurada unha presencia, por mínima que sexa, no consello da Fundación. En conxunto, a proposta pretende constituir un consello con case un 80% de membros de designación directa dos partidos políticos (11 de 14; retirando ademáis representantes de designación no Pleno e aumentando os que decidirá o Alcalde de modo directo), mentres que a composición actual da xunta reitora é de pouco máis do 50% (11 de 21).

Cabe lembrar que a composición actual dos distintos órganos contempla a presencia mínima dun representante de cada un dos colectivos antes sinalados, ademáis de cuotas para os clubes, incluso tendo en conta unha diferenciación entre deportes minoritarios e maioritarios, para aumentar a representatividade. Non consideran dende o PSdeG que exista motivación para desprenderse de estas voces, sendo o caso dos clubes moi chamativo.

Noutro orde de cousas, os representantes socialistas estiman inapropiado a distribución de funcións e decisións proposta, xa que segundo os novos borradores o consello reitor (que ven inicialmente a substituir ao anterior consello de xerencia) pasa de xuntarse cada dúas semanas a facelo cada 3 meses, o que resta de maneira colosal a súa capacidade organizativa e de influencia. Este cambio ven na liña de resta de competencias para os distintos órganos, que se culminan coa apropiación para o propio concelleiro de deportes de potestades exclusivas e sen xustificación ante estes órganos como decidir obras dun 10% do orzamento que poden chegar ata 6 millóns€. Cos estatutos actuais, as competencias exclusivas da presidencia son case nulas, tendo en conta que todas as súas decisións teñen que pasar polo consello de xerencia.

De modo xeral, os socialistas tamén queren apuntar que o borrador non fai mención en ningún senso á importancia do deporte recreativo, non federado. Tamén suporá motivo de propostas por parte do PSdeG.

No hay comentarios:

Publicar un comentario