Pola contra, segue sen producirse a xuntanza de axentes económicos e sociais que o PP prometeu como a súa primeira medida a tomar.
Vilagarcía de Arousa, 2 de outubro de 2011.- O Concello de Vilagarcía ven de anunciar nos pasados días a suposta creación dun novo departamento de formación e empleo no Centro de Matosinhos, a través da contratación de mediadores laborais por parte do Concello de Vilagarcía.
Dende o Partido Socialista consideramos positiva esta medida, apropiada sen dúbida ningunha aos difíciles tempos que corren en termos laborais, precisamente. Tal é así a nosa consideración, que este servicio xa viña funcionando dende hai meses, incluso dende antes do cambio de Goberno Municipal en Vilagarcía. De maneira explícita, cabe sinalar que os mediadores laborais contratados o son a cargo do coñecido programa de cooperación da Xunta de Galicia, e que despois da solicitude por parte do anterior equipo de Goberno Municipal a subvención para a contratación de profesionais para este servicio foi concedida nos primeiros días do mes de maio, antes incluso das eleccións municipais.
É de interese apuntar tamén que esta proposta xa foi plantexada en campaña electoral polo Partido Popular, e que o próprio exconcelleiro socialista de emprego Álvaro Carou tivo que encargarse de lembrar ao candidato popular á Alcaldía Tomás Fole que o servicio xa estaba en marcha.
Sen pretender minusvalorar o feito de que a concellería, que agora dirixe Elena Suárez, continúe co programa que se iniciou polos anteriores concelleiros de emprego José Membrives e Álvaro Carou, resulta certamente inapropiado, a ollos do Partido Socialista, que nun tema de tanta importancia se mostre unha sensación de tal despreocupación e descoñecemento como para non saber que o servicio xa estaba en funcionamento, e especialmente cando se trata dun área de goberno do que a súa concelleira é unha liberada do Goberno Municipal.
Sen embargo, e a pesares deste intento de promocionar algunha actividade do área de emprego, os socialistas consideramos que existe todavía unha importante cuestión que afrontar, que é a promesa electoral do PP de reunir, nos primeiros cen días de mandato, aos axentes económicos e sociais de Vilagarcía para establecer decisións e liñas de actuacións conxuntas. Aínda estamos á espera dalgunha xuntanza cos representantes do sindicatos de Vilagarcía. Ésta, que foi nominada como “a primeira medida que se tomará”, está todavía por realizarse.
O Partido Socialista solitica ao Goberno Local, por tanto, que actúe con algo máis de coñecemento e rigor, e que se centre máis en desenvolver actuacións efectivas, para as que terá sempre o apoio do Partido Socialista, que nas súas xa habituais escenificacións efectistas de propaganda.
No hay comentarios:
Publicar un comentario