Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

28/9/11

CRÉDITO ICO. RESPOSTA AO GOBERNO DO PARTIDO POPULAR

O PSdeG de Vilagarcía mantén a súa disponibilidade a aprobar a solicitude de crédito ao ICO, sempre que se priorice o pago a PEMES e proveedores locais

Os socialistas recordan que o seu grupo municipal solicitou por escrito ao Goberno de Vilagarcía a solicitude deste préstamo o pasado mes de agosto

Vilagarcía de Arousa, 28 de setembro de 2011.- O grupo socialista no Concello de Vilagarcía quere manifestar a súa dispoñibilidade para aprobar en pleno a solicitude de crédito do ICO que permitiría ao Concello de Vilagarcía obter liquidez para pagos a proveedores, así como aclarar que o que se lle propuxo ao Sr. Fole no pleno foi que pospuxera a presentación da solicitude (o prazo remata o vindeiro 30 de novembro) instándolle a priorizar as facturas das pequenas e medianas empresas e, particularmente, aos proveedores locais. Esta proposta permitiría resolver problemas dos pequeños negocios e comercios arousáns, antes que afrontar pagos a multinacionais e grandes compañías. Esta liña de crédito do ICO, impulsada polo Goberno do Estado, ten como obxectivo facilitar liquidez aos Concellos para que os proveedores, habituais perxudicados da actual situación financieira das administracións, poidan satisfacer as súas débedas e resolver tamén algunhas situacións contables propias. Neste senso, os socialistas consideran que a esencia desta medida é pensar primeiro nos proveedores locais e nas PEMES, antes que en grandes empresas,  e esta foi a proposta que lle fixo o Grupo municipal do PsdeG-PSOE e o resto dos grupos da oposición o pasado xoves na Comisón informativa, pero transcurridos xa dous días dende o pleno, este grupo non recibiu ningunha chamada do Goberno local para estudiar as posibles facturas a abonar con cargo a este crédito

A posición do actual grupo de Goberno de Vilagarcía é botarlle a culpa á oposición, tendo sen embargo esta posibilidade de resolución da que non se dan explicacións. Antes que mostrarse tan enfadado, brazear e berrar nos plenos, e culpabilizar a todo o mundo, o señor Fole pode aceptar esta proposta que parece natural, ou explicar por que os populares non a consideran boa.

Serve esta situación, sen embargo, para lembrarlle ao señor Fole que a súa postura política durante a última lexislatura foi entorpecer e impedir a aprobación de diversos recursos económicos e financieiros, actitude que provocou, entre outras, a perda de subvencións e incluso ameazas de denuncias dalgúns proveedores. Sen embargo, non houbo naquel momento proposta ninguna sobre melloras ou modificacións sobre aqueles procesos que permitiran acadar unha solución. O señor Fole particularmente recordou en varias ocasións que a responsabilidade era do grupo de goberno, e que si o PP votaba en contra era culpa de Alcaldía non atopar unha solución. Agora existe unha oposición en Vilagarcía que, dende distintas e moi distantes perspectivas políticas, considera que o Goberno Municipal en minoría ten que escoitar esta proposición pero o Alcalde persiste en botarlle a culpa aos demáis, outra vez. Os socialistas insistimos nesta proposición, de priorizar o pago a PEMES e a proveedores locais, o que consideramos unha medida posible, razoable e que soluciona problemas inmediatos que as grandes empresas non sufren en tanta intensidade.

Os socialistas queren manifestarlle ao Goberno local unha vez más a súa dispoñibilidade para negociar, pero ten que haber por parte do Goberno local un verdadeiro interese e non unha mera declaración de intencións, non se pode falar de diálogo cando o Goberno local chama aos grupos da oposición dúas horas antes do pleno e non poden falar de transparencia cando o Goberno non lle presenta á oposición a documentación completa dos asuntos a debatir nas sesións plenarias.  Un exemplo do verdadeiro talante do Goberno, quedou latente co tema de FEXDEGA, asunto que está a ser obxecto de investigación por parte do Valedor do Pobo por incumprir os procedementos recollidos na Lei de Bases de Réxime Local.

No hay comentarios:

Publicar un comentario