Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

27/6/11

CONVOCATORIA ASAMBLEA ORDINARIA


Compañeiro/a, pola presente convocámoste á

ASEMBLEA ORDINARIA

Data: Venres, 1 de xullo de 2011
Hora: 20.00h en primeira convocatoria
         20.30h en segunda convocatoria
Lugar: Sede do Partido. Casa do Pobo (rúa Castelao, 18, entrechán)

ORDE DO DÍA
  1. Constitución da Asemblea e elección da mesa
  2. Lectura e aprobación, se procede, da acta da Asemblea anterior
  3. Informe de xestión da Comisión Executiva Municipal
  4. Rogos e preguntas

Pola importancia dos temas a tratar, esperamos a túa presencia.

Aproveitamos para enviarche un saúdo

Tania García                                     Álvaro Carou
    Secretaria Xeral                           Secretario Organización



15/6/11

COMUNICADO DO GRUPO MUNICIPAL SOBRE OS INVESTIMENTOS COMPROMETIDOS POLO ANTERIOR GOBERNO

O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE recórdalle ao Alcalde de Vilagarcía que xa hai solicitados polo anterior goberno máis de millón e medio de euros para a prevención de inundacións no entorno do Río Matosinhos
O Acordo, a proposta da ex Concelleira de Xestión do Territorio, Tania García, foi tomado en Xunta de Portavoces estando presente o Sr. Fole, en febreiro deste mesmo ano

Vilagarcía de Arousa, 15 de xuño de 2011.- O Grupo Municipal do PsdeG-PSOE de Vilagarcía, ao fío das declaracións feitas polo Alcalde de Vilagarcia sobre o investimento dos fondos de Luz Salgada na prevención das inundacións en Matosinhos, quere recordarlle ao Sr. Fole que en xuntanza de todos os portavoces dos distintos grupos da anterior corporación municipal celebrada en febreiro deste ano, na que el mesmo estaba presente, acordouse, a proposta da ex Concelleira de Xestión do Territorio, Tania García, solicitar 1.633.710€ ao Programa Operativo Rexional de Galicia de axudas FEDER para o proxecto “Nova canalización do regueiro de Santa Mariña no entorno da rúa Matosinhos”.
Esta solicitude, aprobada en Xunta Local de Goberno de 01 de marzo de 2011 e feita pública a través dos medios de comunicación e nas propias actas da Xunta de Goberno, presentouse a través da Deputación de Pontevedra o pasado 03 de marzo de 2011, dando así cumprimento ao Acordo plenario do pasado outono para previr as inundacións no entorno de Matosinhos.
Asimesmo, a ex Concelleira e portavoz do Grupo Municipal Socialista, Tania García, recórdalle ao Goberno Local que está tamén pendente de resolución por parte da Deputación de Pontevedra, unha subvención de 114.000€ solicitada tamén polo anterior goberno para a mellora dos sistemas de bombeo do Río do Con co obxectivo de eliminar as verteduras que habitualmente se producen no entorno do Río de Santa Mariña.

8/6/11

CONVOCATORIA ASAMBLEA EXTRAORDINARIA




ASEMBLEA EXTRAORDINARIA
Venres 10 de xuño de 2011
20:00 1ª Convocatoria
20.30 2ª Convocatoria
Lugar: Casa do Pobo



ORDE DO DÍA


1.  Constitución da Asemblea e Elección da mesa
2.  Análise e debate dos resultados das pasadas Eleccións Municipais.



Tania García Sanmartín                                 Álvaro Carou García
    Secretaria Xeral                                  Secretario de Organización


Esperamos contar coa presencia dada a importancia dos temas a tratar.



28/5/11

RESULTADOS DAS ELECCIONS MUNICIPAIS 2011

Tras as votación do 22 de Maio, o Pleno do Concello de Vilagarcía queda composto da seguinte forma: 

PP: 10 concelleiros
PSOE: 5 concelleiros
BNG: 3 concelleiros
IU: 2 concelleiros
IVIL: 1 concellerio

A vista desta composición non queda máis que felicitar o Partido Popular polos seus resultados. Agradecemos a confianza dos votantes que elixiron PSOE como a súa opción política e sobre todo agradecer o esforzo a todos/as os/as compañeiros/as que colaborastes nesta campaña. Agora ábrese un perído de reflexión no que todos e todas debemos estar abertos o diálogo para aprender dos erros do pasado e así non volver a cometelos no futuro. Queda por diante un novo tempo de traballo donde desempeñaremos unha oposición constructiva, firme cando a situación o requira e aberta ao diálogo cando sexa necesario polo ben de Vilagarcía xa que o fin e o cabo ese foi e será sempre o noso obxectivo, conseguir unha Vilagarcía mellor cada día.

Un saúdo socialista

20/5/11

POSE: “VILAGARCÍA É UN BARCO QUE TEN O RUMBO FIXADO, UNHA BOA TRIPULACIÓN E, MODESTAMENTE, UN BO CAPITÁN. TEÑO SENSACIÓNS POSITIVAS”


“O noso programa fala de cousas que importan ao cidadán, que lle cambian a vida: garderías, un centro de día ou unha idea clara para mellorar o tráfico”

O coordinador de campaña, Julio Torrado, ten “bos presentimentos” para o domingo e destaca de Pose que “ve a política como un servizo á cidadanía”

Vilagarcía de Arousa 20 de maio de 2011.- O candidato á alcaldía de Vilagarcía polo PSdeG-PSOE, Modesto Pose, e o coordinador de campaña, Julio Torrado, ofreceron este mediodía unha rolda de prensa para facer un balance final da campaña electoral. Torrado, que foi o primeiro en intervir, asegurou que ten “moi bo presentimento” de cara aos comicios que se celebrarán este domingo.

“A nosa campaña baseouse na idea de chegar a todo o mundo. Reunímonos con sindicatos, empresarios, colectivos sociais, entidades e asociacións de todo tipo. Visitamos as asociacións veciñais e parroquias de Vilagarcía dende hai meses”. O coordinador socialista destaca a súa intención de “dar a coñecer o contido do noso programa e a nosa lista, que é moi boa. Hai outras opcións que non teñen unha idea clara de Vilagarcía, nós si”.

Sobre a figura de Modesto Pose subliñou “o desfrute que supuxo traballar ao seu carón” e a súa condición de candidato “que ve a política como un servicio ao cidadán”. “Ten facilidade para moverse nas administracións autonómica e estatal e xestionar con elas grandes proxectos, aínda que é algo caótico”, comentou con humor. Torrado concluiu afirmando que “incluso algún rival político ten recoñecido que con Modesto Pose o pleno municipal de Vilagarcía gañará en nivel político”.

Pola súa parte, o candidato do PsdeG falou da súa campaña como “sinxela, sen parafernalias. Tivemos algo que comunicar á cidadanía e o fixemos ben. Teño unha sensación moi positiva, que é o mesmo que me trasladan moitos veciños, simpatizantes ou non do Partido Socialista”.

“O barco que é Vilagarcía xa ten un rumbo fixado, unha boa tripulación e, modestamente, un bo capitán”, dixo Pose Mesura en referencia a el mesmo e o seu equipo. “O noso proxecto fala de cousas que lle importan ao cidadán, que lle cambian a vida ás persoas: garderías, un centro de día ou un plan de mobilidade serio para mellorar o tráfico”.

Pero tamén fixo referencia ao seu principal rival nas urnas, Tomás Fole. “Tivemos a inesperada fortuna de contar coa debilidade do PP, que comezou a campaña co seu programa 15x15 e acabouno co 0x0, todo moi chupi guai pero nada solvente”.

Facendo un pequeno resumo da súa impresión dos diferentes rivais nas urnas, Pose comentou: “Os nacionalistas son serios, sensatos e respetables, pero eu non son nacionalista. EU ofrece recetas simples a problemas complexos, demostrando que son uns indocumentados políticos e caendo no infantilismo esquerdista. O PP debía ofrecer unha alternativa seria e conservadora, pero acabou sendo soamente chupi guai lúdico deportiva. Hai electores conservadores que se sinten orfos de candidato, pois ven en Fole a un líder insolvente e sen rigor nin peso específico para ser alcalde de Vilagarcía”.

O socialista fixo un “chamamento á participación” o 22-M. “Cada persoa ten unha opinión diferente do que é o voto útil. Eu só digo que nós gobernaremos para todos, sen sectarismos, con rigor e seriedade”.

19/5/11

MODESTO POSE APOIA AO COMERCIO LOCAL, “QUE XERA EMPREGO EN VILAGARCÍA”, CONTRA “AS POLÍTICAS DE GRANDES SUPERFICIES DO PP”


O candidato socialista percorreu as rúas do centro urbano para presentar o seu programa aos comerciantes e hostaleiros e remarcar o seu compromiso con eles.

Destaca a importancia de peatonalizar as rúas vilagarciás para fortalecer a imaxe humanizada da cidade, que xa beneficia ao pequeno comerciante.

Vilagarcía de Arousa 19 de maio de 2011.- Modesto Pose percorreu esta mañá as rúas do centro de Vilagarcía para manter un contacto directo cos comerciantes e hostaleiros e insistirlle no compromiso do Partido Socialista para cos autónomos, “que xeran emprego en Vilagarcía”, en contraposición coas “políticas de grandes superficies que alenta o PP e que non traen actividade nin emprego á localidade, pero si fan a competencia aos comercios do centro, que son os que sosteñen a economía local”.

Segundo Pose, unha das medidas principais que os socialistas impulsaron, sempre co rexeitamento dos conservadores, foi a da peatonalización das rúas do casco urbano, comezando por Rey Daviña, á que seguiron numerosos viarias que, aínda hoxe, están a experimentar un profundo lavado de cara para presentar un aspecto mellor e máis humanizado. Isto non só beneficia á imaxe da cidade, senón que, directamente, serve para facer máis atractivos os negocios que teñen o seu local nestas rúas.

Dende hai dous anos, os socialistas veñen liderando esta proposta que cada día que pasa é aplaudido por máis veciños e autónomos, os cais recentemente incluso celebraron a inauguración dunha das rúas peatonalizadas.


Esta satisfacción foi a mesma que trasladaron a Modesto Pose os comerciantes durante a toma de contacto do candidato coa rúa. O socialista garantiu que o compromiso do seu partido seguirá na mesma liña, aumentando á súa vez as prazas de aparcamento disuasorias para evitar atascos no centro e permitir que a cidade vaia liberándose cada día que pasa dos coches, gañando os peóns o protagonismo absoluto nas rúas. “Este modelo de cidade, que os socialistas defendemos e levamos a cabo ten, entre outras moitas intencións, o obxectivo de favorecer a actividade económica no comercio local”, remarca Pose.

POSE ACORDA CON RUBALCABA O COMPROMISO DE REUNIRSE DESPOIS DAS ELECCIÓNS PARA ACELERAR A CONSTRUCIÓN DO NOVO CUARTEL DA GARDA CIVIL


O candidato socialista asistiu onte ao mitin de Vigo, no que se encontrou co vicepresidente do Goberno e ministro de Interior

O proxecto, xa deseñado e presentado, contempla a creación dunha nova sede do Instituto Armado no barrio do Piñeiriño, moderna, funcional e mellor comunicada

Vilagarcía de Arousa 18 de maio de 2011.- O alcaldable socialista vilagarcián, Modesto Pose, asistiu onte ao mitin do PSdeG en Vigo, no que mantivo un encontro informal co vicepresidente primeiro do Goberno e ministro de Interior, Alfredo Pérez Rubalcaba. Durante este encontro, o Pose Mesura conseguiu o compromiso de Rubalcaba de que, unha vez pasadas as eleccións do vindeiro día 22, ambos se volverán a reunir para acelerar os trámites de construción do novo cuartel da Garda Civil no Piñeiriño.

A actual casa cuartel do Instituto Armado en Vilagarcía está obsoleto, e por iso Interior proxectou hai un par de anos a construción dunha nova sede, pero tivo que deterse por mor do recorte orzamentario da Administración Central debida á crise económica. Agora, Pose está convencido de que se recuperará de inmediato, aproveitando a saída deste período de recesión.

O edificio estará emprazado nunha finca do Piñeiriño que o Concello cedeu ao Estado a cambio do edificio da antiga Comisaría de Policía, na rúa Castelao. O complexo do Piñeiriño será máis grande, moderno e mellor comunicado que o actual, que pasará a quedar a disposición de Interior para outros usos. A proximidade do novo enlace do Porto coa Autopista (circunvalación sur) e, por conseguinte, coa Vía Rápida vilagarcía-Cambados e a circunvalación norte,

permitirán que a Garda Civil poida acudir alí onde se requira a súa presenza en menor tempo. Ademais, garantirá unhas condicións de vida e traballo moito mellores que as que cubre o actual cuartel situado en San Roque.

Pose e Rubalcaba coincidiron onte no mitin central do PSdeG en Vigo, celebrado no Auditorio do Berbés, e no que os dous políticos quixeron apoiar a candidatura de Abel Caballero, que aspira a reeditar o seu mandato na cidade olívica.