Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

4/12/10

O PSdeG de Arousa denuncia o sectarismo político na concesión de axudas aos obradoiros de emprego

Tres alcaldes do PSOE da comarca de Arousa, coa ausencia por motivos de axenda do alcalde de Catoira Alberto García, acompañados dos concelleiros de persoal dos concellos, do deputado provincial Genito Otero e do coordinador comarcal do PSdeG - Arousa Rafael Blanco, de Cambados, fixeron onte unha rolda de prensa conxunta na sede de Vilagarcía para denunciar a inxustiza cometida pola Xunta ao outorgar a concesión dos obradoiros de emprego nesta comarca só a Sanxenxo, rexeitando as propostas de Vilagarcía, O Grove, A Illa e Catoira.

Fuente: Mónica Irago. La Voz de Galicia.

Os socialistas denunciamos que non pode ser casualidade que os concellos aos que lles foi rexeitado o proxecto sexan gobernados polos socialistas, e que soamente se concedera a Sanxenxo, con goberno municipal do PP. No total da provincia, dos 10 municipios aos que se lles concedeu a axuda ao obradoiro de emprego 9 son do PP.

Ademais, dende a Deputación de Pontevedra véñense de distribuir fondos provinciais que teñen como destinatarios principais concellos nos que as eleccións municipais van determinar de forma importante o resultado da Deputación, como Mos, Porriño ou Baiona, gobernados tamén polo PP.

Ante todo esto, e a pesar de que as propostas feitas polos concellos arousáns foron "innovadoras e responden á realidade concreta de cada municipio" e que as propostas "cubrían as necesidades que o empresariado nos demandou. Basábanse no fomento do medio ambiente e do turismo, os criterios con máis puntos na convocatoria", como indicou o alcalde de O Grove, José Antonio Cacabelos, non houbo resposta afirmativa.

“Os Concellos debemos ser o milagre, porque temos que facer o que non fai o goberno galego e ainda por riba con menos cartos”, apuntou o rexidor de A Illa Manuel Vázquez.

Todo isto ademáis nun sector que, coma no caso de Vilagarcía, o obradoiro estaría focalizado na hostelería e o turismo, áreas que os indicadores de emprego apuntan como fundamentais tras a caída do sector da construción.  “Precisamente as necesidades que aparecen marcadas no Pacto Territorial de Emprego do Salnés”, señalou Rafael Blanco, coordinador comarcal do PSdeG. “No mes de novembro, houbo 390 desempregados en Vilagarcía menores de 25 anos”, indicou Dolores García, alcaldesa de Vilagarcía, para reforzar esta idea.

Por todo, os socialistas concluimos que este sectarismo, acompañado dun oscurantismo ante o que é imposible solicitar ninguna información da resolución, nin existe a quen pedir explicacións, é froito dunha torticeira concepción da política, poñendo por riba as cuestións partidistas antes que o emprego nun momento dan difícil para esto. "Os parados non son de dereitas nin de esquerdas, son persoas que están a vivir un drama" rematou Vázquez. 

2/12/10

Cursos de Formación

Durante o presente mes de decembro, e antes das festas de Nadal, o Partido Socialista intensifica os seus esforzos en Formación e abre a posibilidade de participar en distintos cursos que se realizarán en próximas datas. Os cursos das próximas datas son:

- Políticas Municipais Socialistas. Sábado 4 de decembro, 10-14h. Sede do partido en Vigo.
- FORMACIÓN POLÍTICA. Xoves 9 de decembro, 17h., VILAGARCÍA DE AROUSA.
- Comunicación Política. Sábado 11 de decembro. Sede nacional de O Pino (Santiago).
- Planificación dunha Campaña Electoral. Sábado 18 de decembro (sede por determinar). 

Dende a nosa agrupación facemos especial fincapé na celebración dun destes cursos na nosa sede, en Vilagarcía, para o que pedimos unha especial acollida. 

Todos os cursos son abertos, sen custo de inscripción. Para confirmar asistencia e cualquier dúbida sobre temas de formación, podedes consultar nos horarios de apertura da sede ou directamente ao secretario de formación Julio Torrado - 626 703527; juliotorrado@hotmail.com

Horarios de apertura da sede

Compañeir@s,

unha vez inaugurada a nova sede da nosa agrupación, a Comisión Executiva Municipal ven de establecer uns horarios de apertura para atención a calquera persoa (militante, simpatizante ou cidadán) que queira facer unha consulta ou compartir ideas e conversas con outras persoas.

Dende xa mesmo, a sede estará aberta no seguinte horario:

- Luns: 20.00h - 21.30h
- Mércores 20.00h -21.30h
- Venres 20.00h - 21.30h

Esperamos a vosa presencia.

17/11/10

Convención Municipal do PSdeG-PSOE

O PSdeG-PSOE celebra o sábado 20 de novembro a Convención Municipal na que se debatirá sobre os novos retos e as novas políticas para os concellos.
Palacio de Congresos e Exposicións
20 de novembro ás 10 horas
Santiago de Compostela

14/11/10

Convocatoria Asemblea Ordinaria

CONVOCATORIA ASEMBLEA ORDINARIA

Data:           Venres, 26 de novembro de 2010
Hora:          20.00h en primeira convocatoria
                   20.30h en segunda convocatoria
Lugar:          Casa do Pobo. Sede do Partido.
                   Rúa Castelao 18, entrechán.

ORDE DO DÍA

  1. Constitución da Asemblea e elección da mesa
  2. Lectura e aprobación, se procede, da acta da Asemblea anterior
  3. Informe político e de xestión da Comisión Executiva Municipal
  4. Calendario e procedemento Eleccións Municipais 2011
  5. Rogos e preguntas




Secretario de Organización                            Secretaria Xeral     
Álvaro Carou García                                     Tania García Sanmartín


xoves, 11 de novembro de 2010

10/10/10

Inauguración da reforma da sede

O pasado venres a sede da nosa Agrupación Municipal de Vilagarcía de Arousa abriu as súas portas despois do proceso de reforma que a mantivo cerrada durante os últimos meses. Para esa inauguración celebrouse un acto na propia sede, que convocou a militantes e simpatizantes socialistas non soamente de Vilagarcía senón de toda a comarca, e que tivo como convidado especial a José Blanco, Vicesecretario General do PSOE, que presidiu a inauguración.

Fuente: La Voz de Galicia

O compañeiro Pepe Blanco, que simbolizou o acto coa firma no libro de visitas da sede, interveu ante os presentes resaltando a importancia desta convocatoria, que reunía a tantos socialistas nunha reforma que servía de icono para o proceso de continua transformación que ocorre no noso partido, no que sempre se busca unha constante mellora. O Ministro de Fomento, apelou as súas responsabilidades orgánicas e institucionais para lembrar que "os socialistas pasamos por momentos moi difíciles na historia deste país, pero sempre saímos adiante gracias ao traballo e ás conviccións nas que nos apoiamos", e instou a todos os compañeiros a explicar o proxecto socialista para que a situación actual a poidamos superar. En clave local, Blanco resaltou a presencia dos tres rexidores municipais socialistas da recente historia de Vilagarcía, José Recuna, Javier Gago e Dolores García, para a que tivo unhas especiais palabras de agradecemento polo seu sentido da responsabilidade e de respeto ao partido, ademáis de agradecerlle o traballo desenvolvido ata o de agora. Con eles, Blanco recalcou a idea de que o futuro de Vilagarcía pasa polo feito de que "será alcalde quenes vós decidades", en alusión aos militantes locais.

Fuente: Faro de Vigo
 Precedendo a Pepe Blanco no turno de palabra, Pablo García, secretario de organización do PSdeG recoñeceu que "percíbese un gran traballo detrás de este espazo" e que "tedes a mellor sede do partido de toda Galicia", e mostrouse confiado nos resultados do partido en Vilagarcía e en toda a provincia.

No mesmo sentido manifestouse Modesto Pose, secretario xeral do PSdeG na provincia de Pontevedra, quen apuntou directamente á Deputación de Pontevedra como obxectivo provincial que será alcanzado polos socialistas no ano vindeiro tras as eleccións municipais. Ademáis de Modesto Pose, interviu tamén a secretaria xeral de Vilagarcía, Tania García, que expresou que "esta é unha sede nova para o socialismo de sempre".

Entre ambos, os compañeiros de Vilagarcía coa máxima representación no partido e en representación da executiva local e de todos os compañeiros, quixeron mostrar o seu profundo agradecemento a todos os que puxeron o seu esforzo para chegar a este día. En particular quixeron agradecer de forma muy cálida o traballo de Carlos Berride, compañeiro que se encargou de facer o proxecto e deseño da sede. Tamén destacaron o traballo de José Antonio Cora Mouriño, a quen a secretaria xeral destacou como "o alma máter desta reforma". Por último Tania García quixo manifestar o seu agradecemento a Lino Mouriño, anterior secretario xeral, e ao propio Modesto Pose, quenes consolidaron a sede como propia para o Partido Socialista durante a dirección orgánica local de Lino Mouriño.

Os compañeiros de Vilagarcía reiteramos estes agradecementos, e damos por iniciado un novo período de traballo e ilusión, nunha sede que é, máis que nunca, a Casa do Pobo, e que está lista para acoller todos os proxectos persoais e grupais que, dende os principios do socialismo, teñan como fin o ben común.

3/10/10

Cursos de Formación

La Fundación Jaime Vera ha difundido la información referente a los cursos de formación que desarrollará en el trimestre octubre - diciembre de este año 2010. En la web de la propia Fundación: http://www.fundacionjaimevera.es/ , en el apartado "Formación" se puede encontrar toda la información referente.

En esta oferta se puede encontrar tanto formación a distancia como presencial. El listado de cursos para este último trimestre de año es:

La Fundación Jaime Vera ofrece condiciones de matrícula especiales a los militantes del PSOE y de Juventudes Socialistas.