Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

4/12/10

O PSdeG de Arousa denuncia o sectarismo político na concesión de axudas aos obradoiros de emprego

Tres alcaldes do PSOE da comarca de Arousa, coa ausencia por motivos de axenda do alcalde de Catoira Alberto García, acompañados dos concelleiros de persoal dos concellos, do deputado provincial Genito Otero e do coordinador comarcal do PSdeG - Arousa Rafael Blanco, de Cambados, fixeron onte unha rolda de prensa conxunta na sede de Vilagarcía para denunciar a inxustiza cometida pola Xunta ao outorgar a concesión dos obradoiros de emprego nesta comarca só a Sanxenxo, rexeitando as propostas de Vilagarcía, O Grove, A Illa e Catoira.

Fuente: Mónica Irago. La Voz de Galicia.

Os socialistas denunciamos que non pode ser casualidade que os concellos aos que lles foi rexeitado o proxecto sexan gobernados polos socialistas, e que soamente se concedera a Sanxenxo, con goberno municipal do PP. No total da provincia, dos 10 municipios aos que se lles concedeu a axuda ao obradoiro de emprego 9 son do PP.

Ademais, dende a Deputación de Pontevedra véñense de distribuir fondos provinciais que teñen como destinatarios principais concellos nos que as eleccións municipais van determinar de forma importante o resultado da Deputación, como Mos, Porriño ou Baiona, gobernados tamén polo PP.

Ante todo esto, e a pesar de que as propostas feitas polos concellos arousáns foron "innovadoras e responden á realidade concreta de cada municipio" e que as propostas "cubrían as necesidades que o empresariado nos demandou. Basábanse no fomento do medio ambiente e do turismo, os criterios con máis puntos na convocatoria", como indicou o alcalde de O Grove, José Antonio Cacabelos, non houbo resposta afirmativa.

“Os Concellos debemos ser o milagre, porque temos que facer o que non fai o goberno galego e ainda por riba con menos cartos”, apuntou o rexidor de A Illa Manuel Vázquez.

Todo isto ademáis nun sector que, coma no caso de Vilagarcía, o obradoiro estaría focalizado na hostelería e o turismo, áreas que os indicadores de emprego apuntan como fundamentais tras a caída do sector da construción.  “Precisamente as necesidades que aparecen marcadas no Pacto Territorial de Emprego do Salnés”, señalou Rafael Blanco, coordinador comarcal do PSdeG. “No mes de novembro, houbo 390 desempregados en Vilagarcía menores de 25 anos”, indicou Dolores García, alcaldesa de Vilagarcía, para reforzar esta idea.

Por todo, os socialistas concluimos que este sectarismo, acompañado dun oscurantismo ante o que é imposible solicitar ninguna información da resolución, nin existe a quen pedir explicacións, é froito dunha torticeira concepción da política, poñendo por riba as cuestións partidistas antes que o emprego nun momento dan difícil para esto. "Os parados non son de dereitas nin de esquerdas, son persoas que están a vivir un drama" rematou Vázquez. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario