Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

9/12/10

A Comisión Executiva propón a Carlos Guerrero como candidato á alcaldía

A Comisión Executiva Municipal de Vilagarcía, reunida onte en sesión ordinaria, decidiu por unanimidade propoñer ao compañeiro Carlos Guerrero como candidato á alcaldía de Vilagarcía de Arousa nas vindeiras eleccións municipais. O nome do noso compañeiro figuraba entre os distintos comentarios das últimas semanas sobre as posibilidades do PSdeG de Vilagarcía para encabezar a lista. Unha vez iniciado o proceso, e co ánimo de clarificar a súa postura para non interferir nos procesos, Guerrero comunicou hai uns días á Executiva, por medio da súa Secretaria Xeral e o Secretario de Organización, a súa disposición a encabezar o novo proxecto socialista, así como a apoiar calquera decisión que fora tomada ao respecto, facendo público tamén un comunicado neste sentido.

Carlos Guerrero  (d), rodeado de compañeiros no inicio da campaña das municipales 2007
Fonte: La Voz de Galicia

Carlos Guerrero é membro da Comisión Executiva Municipal dende hai dous anos, e foi concelleiro en Vilagarcía polo PSdeG nas lexislaturas 2003-2007 e no inicio da 2007-2011, aínda que nesta última diversos problemas personais, de saúde e familiares, fixeron que presentara a súa renuncia. O compromiso que Carlos Guerrero ten amosado con Vilagarcía, fixo que a proposta fora sentida como unha excelente idea. Cabe recordar que Guerrero formou parte de moitos proxectos da vida deportiva e social de Vilagarcía dende hai moito tempo, sendo en diversas etapas director e xefe de estudos do Colexión Arealonga, do que é mestre, vicepresidente do Liceo nunha das mellores épocas da entidade, directivo do Basket Base Club, do Clube de Balonmano de Carril e membro das comisións de festas ou da cabalgata de Reis, entre outras actividades.

A Comisión Executiva decidiu facer esta proposta tendo en conta a contrastada valía personal do candidato, a súa capacidade para traballar en equipo, a súa vontade positiva e os seus firmes e consolidados principios socialistas. Tívose en conta, ademáis, que Guerrero é unha persoa moi querida en Vilagarcía, que conta con un apoio cidadán moi importante que xa se comprobou nos resultados dunha enquisa que foi publicada nos últimos días, que colocaba ao noso compañeiro como a persoa máis valorada da política local con unha nota entre a cidadanía de 6,1.

Dada esta proposta, o seguinte proceso será a convocatoria de asemblea, na que os militantes terán que valorar e aprobar, ou rexeitar, a proposta da executiva en caso de ser a única aportación, ou votar por esta ou outras propostas en caso de existir máis. Esta asemblea convocarase nun breve prazo de tempo e coa intención de ser celebrada canto antes, respeitando os procedementos e os prazos que establece o proceso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario