Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

21/12/10

Asemblea Extraordinaria de Elección de Candidato/a

A Agrupación Municipal de Vilagarcía celebrará mañá a Asemblea de Elección de Candidato/a a Alcaldía de Vilagarcía
A Comisión Executiva Municipal proporá a Carlos Guerrero como candidato. A militancia do partido ten a decisión.

Vilagarcía de Arousa, 21 de decembro de 2010.- A agrupación municipal de Vilagarcía do PsdeG celebrará mañá, día 22, ás 20h en primeira convocatoria e 20.30h en segunda convocatoria, na sede da rúa Castelao, a Asemblea Extraordinaria de Elección de Candidato/a á Alcaldía de Vilagarcía, nunha convocatoria que rematará co xa tradicional pincho de Nadal da Agrupación.

Como xa é público, a Comisión Executiva Municipal proporá á militancia o nomeamento de Carlos Guerrero, militante do partido e membro de dita Comisión Executiva. Segundo o procedimento do Partido Socialista, poderán existir outras propostas sempre que veñan avaladas por un 20% dos militantes da agrupación. En caso de existir máis de unha aportación, existirá unha votación entre elas. No caso de que soamente se presente a proposta da Executiva, existirá unha votación para que a militancia, nun irrenunciable dereito de liberdade de expresión interna, determine a resolución final do partido. Calquera destas posibles situacións estará precedida, coma sempre, dun debate libre entre militantes que aportarán as súas ideas sobre o futuro do Partido Socialista en Vilagarcía e o proceso das vindeiras eleccións municipais. 

A proposta de Carlos Guerrero ven presentada pola Executiva Municipal, que lidera Tania García, que comentou ao respecto que “consideramos que é o mellor candidato para as vindeiras eleccións municipais, xa que non é soamentes o candidato que presentará o Partido Socialista, senón que é unha vontade popular que Carlos Guerrero sexa o próximo alcalde, como así será”. Carlos Guerrero é mestre no colexio Arealonga, no que desenvolveu labores directivas durante 20 anos. É recoñecido pola súa participación constante en actividades de innovación educativa e en colectivos deportivos como o BBC de baloncesto, deporte no que tamén colaborou coa Federación Galega, e a participación no desenvolvimento do balonmano en Carril, nunha época na que foi xogador e entrenador. Ademáis, Carlos Guerrero é partícipe de moitas iniciativas culturais, como a promoción dende as distintas comisións da Festa da Auga, das festividades de Carnaval e da Cabalgata de Reis. Foi tamén vicepresidente do Liceo de Vilagarcía durante 8 anos nos que a entidade promoveu unha intensa actividade social e cultural. A súa vinculación directa coa política activa remóntase ao ano 2003 cando foi elexido concelleiro e desempeñou a responsabilidade deportiva do Concello de Vilagarcía.

Saúdos
Comisión Executiva Municipal

No hay comentarios:

Publicar un comentario