Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

26/12/10

Carlos Guerrero, candidato del Partido Socialista á Alcaldía de Vilagarcía

Fuente: Martina Miser. La Voz de Galicia



O compañeiro Carlos Guerrero foi elixido por aclamación da agrupación de Vilagarcía, candidato á alcaldía de Vilagarcía. 

A Asemblea celebrada o mércores 22 na sede de Castelao, contou coa presenza de numerosos militantes, sendo unha das convocatorias máis concurridas que se recordan. Tania García, en nome da executiva municipal, presentou á asemblea á proposta de Carlos Guerrero, considerando que é "a mellor proposta, o mellor candidato para Vilagarcía". A secretaria xeral destacou que a executiva elixiu a Carlos por unanimidade, xa que despertou todo tipo de apoios por parte dos seus compañeiros, e que será "o candidato que fará que Vilagarcía siga tendo un goberno de progreso a partir do vindeiro 22 de maio".

Despois da intervención de Carlos Guerrero, moitos compañeiros e compañeiras da agrupación falaron para ofrecer o seu apoio e ánimo ao que será o seguinte alcalde socialista de Vilagarcía. Esta asemblea serviu para mostrar o sentido da responsabilidade e unión que predomina no Partido Socialista de Vilagarcía, por enriba das distintas sensibilidades e sinerxias, que son positivas cando, como no seno dos socialistas, contribúen ao ben común e ao avance do noso proxecto para unha Vilagarcía de futuro.

A continuación inclúese o discurso pronunciado polo compañeiro Carlos Guerrero na asemblea: 

Boas noites compañeiros e compañeiras, 
Quérovos dar as gracias por estar aquí, por vir e participar nesta toma de decisión que o noso partido nos ofrece.

Dixo Oscar Wilde que só hai dúas condicións para falar: ter algo que dicir, e dicilo. Eu estou aquí, ante vós, porque quero decirvos que teño a vontade e a ilusión de ser o candidato do Partido Socialista á alcaldía da nosa cidade. Sei que os tempos son difíciles, sei que a situación actual é complicada en todos os niveis, pero é nestes momentos onde considero máis necesario exercer os compromisos de cidade máis fortes, e por iso estou aquí. Esta non é una decisión tomada á lixeira.

Sei o que a vida política municipal esixe, xa o vivín durante a miña etapa como concelleiro de deportes con Javier Gago, ao que sempre estarei agradecido por depositar en min a súa confianza para desenvolver os proxectos deportivos da nosa cidade. Igualmente, sei que vai a estar á miña disposición para aportarme a súa experiencia e coñecemento da administración.

As circunstancias da vida, da familia, e todas as cousas que se nos cruzan no camino, fixéronme ter que baixarme, momentáneamente, do barco. Pero agora estou aquí, para volver a collelo e navegar con firmeza.

Estou aquí para facer política activa de novo, pero non para facer política para os cidadáns, senón política cos cidadáns baseada na humildade e no diálogo para poñernos sempre na postura dos outros e ver a realidade dende os seus ollos.

Principalmente estou aquí porque creo no proxecto socialista para Vilagarcía. Creo nos proxectos, creo no partido socialista e creo en Vilagarcía e no seu futuro.

Creo nos proxectos. Sempre na miña vida teño participado en moitas iniciativas sociais, culturais, deportivas, educativas… pero sempre o fixen dende o concepto de que son os grupos e as ideas as que dan a forza do movemento cara o futuro. Non son personalista, e non me gustan os personalismos. Creo na dinámica de grupos dende o constructivismo, na combinación das súas sinerxias, e creo nos grupos dende o seu nacemento ata o desenvolvemento colexiado de proxectos e ideas. Sempre considerei que o grupo é algo máis que a suma das súas partes e baixo esa premisa seguirei traballando.

Creo no Partido Socialista. Hoxe en día, a política está nunha situación complicada. Quizáis todavía non fixemos toda a autocrítica necesaria, pero é necesario contribuir a mellorar esta imaxe, sen crispación, con honradez e naturalidade e tratando de recuperar toda a forza da política para servir aos cidadáns.

Síntome comprometido coa miña implicación política, e especialmente síntome profundamente identificado coa militancia no Partido Socialista e coa miña participación sendo membro da Executiva Municipal, coa que teño unha plena e total sintonía. E pensando no futuro estou aquí para dar un paso máis, e ser o candidato socialista á alcaldía de Vilagarcía. Sei que coa vosa forza, coa vosa axuda e o traballo de todos, esto traducirase en que o vindeiro 22 de maio, día da nosa patroa Santa Rita, Vilagarcía seguirá tendo, una vez máis, un alcalde socialista.

Creo en Vilagarcía, nunha Vilagarcía de futuro. É certo que temos avanzado moito, pero non podemos quedarnos mirando, hai que seguir avanzando. Como non pode ser de outra maneira, dada a situación na que estamos, e pensando nesa Vilagarcía de futuro, poremos todo o noso empeño en desenvolver proxectos e ideas que se centren na creación de emprego, o cual é  o maior reto que hoxe nos podemos plantexar. Ese será o noso obxectivo prioritario, xa que supón a mellor inversión para a nosa cidade.

Eu creo na posibilidade dunha Vilagarcía referente. Referente como sociedade activa, solidaria, dinámica, participativa, una Vilagarcía en igualdade. Unha Vilagarcía referente no modelo de cidade, humanizada, para as persoas. Unha cidade cómoda. Unha cidade referente no medio ambiente, destacando aquí o esforzó feito para conquerir a tan desexada da recuperación de Cortegada. Unha Vilagarcía referente no turismo, de calidade, con novas ideas, repensando os nosos espazos. Vilagarcía referente no eido cultural e deportivo, apostando polos eventos con identidade propia e polo acceso de todos á cultura e o deporte. Por suposto que una Vilagarcía referente nos pilares do benestar, con un apoio indiscutible aos servizos sociais, utilizando a política para dar servicio aos que máis o necesitan, aos máis humildes, e de reforzo a una educación e sanidade gratuitas, universais, públicas e de calidade. Seguiremos defendendo a aposta dos socialistas por un novo centro de saúde á altura da nosa cidade, e non deixaremos que nos tomen o pelo coa privatización da sanidade e a non ampliación de servizos no Hospital do Salnés que tanto esforzó cidadán costou.

Solo así ten que ser entendida a política, como o exercicio dos compromisos de cidade que nacen da vontade de axudar aos demáis. 

En definitiva, quero ser o voso candidato porque creo en Vilagarcía, creo no futuro, creo que as persoas debemos entregarlle aos demáis o noso esforzo e noso traballo como outros o fixeron por nos. Debemos de implicarnos, e implicar aos demáis, neste proxecto ilusionante.

Eu estou aquí para o que o partido decida, este é o meu paso e o meu compromiso. Agora, tócavos a vos tomar a decisión do Partido Socialista. Gracias.

No hay comentarios:

Publicar un comentario