Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

27/5/10

Comunicado: Centro comercial de San Miguel de Deiro

O PP volve a atacar ao comercio arousán reiniciando a idea da construcción dun centro comercial en San Miguel
O proxecto xenerou moita problemática anos atrás, e agora retómase sen clarificar a nova situación

Vilagarcía de Arousa, 24 de maio de 2010.- O Goberno Municipal de Vilanova está a recuperar un vello, e moi discutible proxecto, de impulsar a construcción dun centro comercial en Vilanova que dende o Partido Socialista de Vilagarcía consideramos que merece unha reflexión, por ser unha cuestión que afecta aos veciños de toda Arousa e para tentar de evitar un grave perxuicio contra diversos intereses económicos de toda a comarca, principalmente dos comerciantes destes concellos. Dous temas subxacen a este debate, por un lado o urbanístico e por outro as decisións en materia de comercio.

En primeiro lugar cabe lembrar que o proxecto que o señor Gonzalo Durán presenta agora xa ven cargado de moitas dúbidas, lagunas escuras e avisos dende hai anos. Os terreos onde se pretende que se ubique o centro comercial foron comprados aos seus antigos propietarios indicando que serían para a instalación de invernaderos, cuestión que mudou en canto os terreos foron vendidos declarándose entón éstos como urbanizables. Esta conversión xa veu acompañada no seu momento dunha advertencia da Consellería de Política Territorial, que indicou que esto non estaba ben xustificado na anterior proposta do PXOM. É natural, por tanto, pensar que esta enorme plusvalía xenerada a partir deses cambios debería de ser vixiada e clarificada por parte do sr. Alcalde para evitar malas interpretacións sobre temas urbanísticos.

Nun segundo punto, e como aspecto que inflúe de modo determinante no resto da comarca, o señor Durán parece non ter en conta a importancia vital do pequeno comercio en Vilanova, Vilagarcía, Cambados e todos os concellos aos que a construcción deste centro comercial vai afectar. Nin a postura en contra do Consorcio do Comercio parece ser de interese para un Gonzalo Durán que non semella ter intención de dialogar as grandes decisións. Para máis enredo no asunto o señor J.J. Durán, bo representante en Vilanova da Deputación de Pontevedra, concelleiro do PP nesa vila e irmán do alcalde, bota balóns fora e non se presenta no pleno da corporación no que se debate o tema, aproveitando logo para contradecir ao seu alcalde dicindo que comprende a preocupación do sector do comercio. Eso sí, a pesares desa comprensión aínda non se sabe a súa postura sobre o tema.

Xa en Vilagarcía lembramos que o PP estivo a favor da construcción dun centro de similares características en Ande, que tamén poría en perigo a situación do comercio e que non foi impulsado polo Goberno Municipal en beneficio do tecido empresarial local. Agora, con un proxecto que acumula tantos problemas como anos de intentos de imposicións, o PP volver a intentar unha puñalada aos comerciantes. Vendo a postura recente da Conselleira do Mar sobre o mexilón galego, e o constante ataque sobre o comercio, cabe pensar que ao PP interésalle máis o de fora que o de casa, e o grande frente o pequeno.

No hay comentarios:

Publicar un comentario