Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

10/6/10

Comunicado: Centro Comercial de San Miguel de Deiro II

O PSdeG considera necesario que o PP se manifeste sobre o centro comercial de Deiro
O Partido Socialista amosa o seu respaldo ao Consorcio do Comercio do Salnés, e ofrece a súa colaboración.

Dende o Partido Socialista consideramos necesario un debate público e veraz sobre o proxecto da construción dun centro comercial en San Miguel de Deiro, que promove o alcalde de Vilanova Gonzalo Durán. Como xa manifestamos días atrás, cremos que a consumación deste proxecto provocaría serios problemas para o comercio local tanto de Vilagarcía como do resto da comarca, o cal parece impensable en calquera momento e todavía menos no actual.

Nas últimas datas estase a comprobar a oposición frontal do Consorcio do Comercio do Salnés, voz absolutamente lexitimada que está a mostrar a súa firme postura sobre este proxecto, defendendo os intereses do pequeño comercio en Arousa. Como todos sabemos, este sector ten unha importancia fundamental no desenrolo económico da comarca, e a atención que se lle debe prestar é prioritaria. As previsións feitas polo Consorcio sobre a repercursión que un centro comercial tería en canto ao empleo, resultan escalofriantes e obríganos a todos a buscar a mellor solución posible.

O Partido Socialista, como xa mantén no seu programa político, considera que os centros comerciais son proxectos que deben de entrelazarse co pequeño comercio local para favorecerse uns aos outros, e nunca surxir como opcións de confrontación. Segundo a nosa visión, un dos temas fundamentais é a súa ubicación, pois as grandes superficies poden contribuir a progresar da man do pequeño comercio cando se ubican dentro das poboacións. Polo contrario, o seu impacto é tremendamente negativo cando, como neste caso, se instalan totalmente desubicadas, pois se converten en competición contra os comerciantes locais.

Consideramos que é necesario un debate público, que implique aos axentes comarcais. Dende a nosa formación mantemos unha postura clara, que xa defendemos no seu día ante os anteriores intentos do señor Durán de levar a cabo este proxecto,, que ademáis estaban acompañados das mesmas dudas urbanísticas que hoxe en día existen igualmente, e que tamén se plasmou ante a posibilidade dunha superficie deste estilo na nosa población, en Ande. Tamén recordamos a postura que o PP mantivo sempre, favorecendo aos grandes e olvidándose dos pequenos. Instamos ao PP de Vilagarcía a que deixe de lado outros problemas que o manteñen demasiado ocupado, e que manifeste a súa postura ao respecto dunha situación que preocupa de verdade aos comerciantes da nosa cidade. Asemesmo, esperamos que as institucións correspondentes, o Concello de Vilanova e a Xunta, teñan en conta ao Consorcio do Comercio do Salnés. A este respecto, o Partido Socialista amosa o seu total respaldo a esta entidade e ofrece a súa total colaboración neste xusta e necesaria reivindicación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario