Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

26/6/10

Comunicado de prensa: Inauguración circunvalación sur

O PsdeG-PSOE de Vilagarcía celebra a culminación da circunvalación de Vilagarcía
O vial de enlace do Porto coa AP9 contribuirá a potenciar economicamente Vilagarcía e ao modelo dunha cidade para as persoas que promovemos os socialistas

Vilagarcía de Arousa, 26 de xuño de 2010.- A inauguración onte, a cargo do Ministro de Fomento Pepe Blanco, do vial de enlace do Porto de Vilagarcía coa AP-9 completa unha das necesidades fundamentais da nosa cidade e de toda a comarca en materia de infraestruturas. O cinturón vial que agora forman este novo tramo, a chamada circunvalación sur que parte do Porto ata a rotonda de Godos, e a circunvalación norte que une ese mesmo punto con Carril, forman un ansiado cordón viario que dotará a Vilagarcía dunha eficaz ferramenta tanto para mellorar a calidade de vida pola mellor circulación de tráfico de automóbiles, como para dar maior servicio ao tráfico de mercancías con destino ao Porto. Esta obra xa en funcionamento tivo un costo de 54 millóns de euros, que se enmarcan dentro dos 1.500 millóns que o Goberno de España destinou en investimentos a Galicia no último ano.

De maneira especial, os socialistas queremos agradecer a presenza onte do Ministro de Fomento na inauguración desta infraestrutura. Nestes días moi difíciles a causa do tráxico suceso ocorrido en Casteldefells que nos sobrecolleu a todos, e dada a implicación directa do Ministerio de Fomento, queremos destacar que o Ministro mantivera entre as súas prioridades a visita á nosa comarca. O compromiso amosado con Arousa, de especial aprecio para Pepe Blanco como é xa coñecido, plásmase neste momento como un xesto que dende a nosa formación política consideramos digno de mención.

Por contra, os socialistas de Vilagarcía estimamos que a actuación protagonizada polo Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas non estivo á altura das circunstancias. Non o estivo organizando un acto innecesario e sen sentido o día anterior, para inaugurar unha obra xa en funcionamento para a que o seu período de xestión soamente supuxo o remate dun proxecto xa en marcha. Tampouco o estivo, para culminar o despropósito, cun discurso fóra de lugar no acto de onte, que tivo unha evidente mala acollida entre os presentes. Dende o Partido Socialista consideramos que os investimentos non deben ser tidos en conta coma medallas ou méritos persoais, senón coma servizos para os cidadáns. Pero xa é relevante que o señor Hernández tente lembrar ao ex-Ministro Álvarez Cascos na inauguración da circunvalación, pois precisamente este é o símbolo e o culmen do intencionado olvido ao que se viu sometida esta comarca, e Vilagarcía en particular, co mandato dalgúns xestores que miraron para outro lado ante as demandas que clamaban ao ceo.
Os socialistas queremos resaltar, en definitiva, a importancia vital desta obra xa rematada e que ofrece, dende xa mesmo, o servizo necesario que os cidadáns solicitaron durante tanto tempo. Ademáis queremos sinalar os compromisos cumpridos coa nosa cidade, debido a unha xestión pensada para as persoas e para as necesidades reais. Por último, confiamos en que os cargos de responsabilidade saiban estar á altura das circunstancias, e instamos ao conselleiro Hernández a fixarse no models de quen cumpre promesas, non fai lecturas partidistas e sabe comportarse á altura das súas responsabilidades.

No hay comentarios:

Publicar un comentario