Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

15/9/14

MOCIÓN SOBRE O NOVO CENTRO DE SAÚDE

De acordo e ao amparo do previsto  no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, o Grupo Municipal Socialista do Concello de Vilagarcía de Arousa desexa someter á consideración do Pleno Municipal a siguiente MOCIÓN:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O centro de saúde de San Roque construíuse entre os anos 1.974 e 1.975. Ao longo destes corenta anos só se fixo un investimento importante, unha ampliación no ano 1.994. O centro de saúde de Vilagarcía atende diariamente a unha media de 2.000 persoas e actualmente o edificio presenta importantes necesidades de espazo. Ademais do problema do espazo, o edificio presenta unha seria de deficiencias importantes. Nos últimos anos son continuas as averías, entre elas a máis grave é a que afecta ao único ascensor do que depende por completo a accesibilidade do edificio. Todo isto impide ofrecer unha asistencia sanitaria adecuada á poboación de Vilagarcía e é obxecto de denuncia tanto das persoas usuarias como do persoal sanitario.

No ano 2.009, gobernando o Partido Socialista na Xunta de Galicia e no Concello de Vilagarcía, asinouse un convenio para a construción dun  macrocentro de saúde que respondera ás necesidades da poboación de Vilagarcía de Arousa, nos terreos da antiga Comandancia de Mariña. Coa chegada do Partido Popular á Xunta de Galicia, o proxecto quedou esquecido coa falsa promesa de construír un pequeno consultorio en Vilaxoán, que non daría resposta ás necesidades dunha poboación coma a de Vilagarcía. A día de hoxe, a Xunta de Galicia presidida polo Partido Popular e tal e como dixo o Alcalde de Vilagarcía ten o proxecto en suspenso, sen previsión nin a corto nin a medio prazo de investir na construción dun novo centro de saúde en Vilagarcía, nin sequera de correxir as principais deficiencias que presenta o centro de saúde de San Roque.

Por todo o anteriormente exposto, o Grupo Municipal do Partido Socialista somete a consideración do Pleno a adopción dos seguintes acordos:

1. Instar á Consellería de Sanidade a retomar o proxecto de construción dun macrocentro nos terreos da antiga Comandancia de Mariña.

2. Instar á Consellería de Sanidade a correxir de inmediato as deficiencias que presenta o actual centro de saúde de San Roque mentres non se constrúe o novo centro.

3. Dar traslado deste acordo á Consellería de Sanidade, ao Presidente da Xunta de Galicia e a todos os Grupos do Parlamento de Galicia.


En Vilagarcía de Arousa a 15 de setembro de 2014.


Asdo. Tania García, Voceira Municipal do PSdeG-PSOE.

No hay comentarios:

Publicar un comentario