Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

3/9/14

Os socialistas de Vilagarcía acusan a Fole de “xestión electoralista contra os intereses de Vilagarcía” polas recentes obras na cidade

Lembran que xa alertaron na metade da lexislatura de que o Alcalde pretendía subir impostos aos veciños para financiar as obras do último ano previo ás eleccións

Esixen que as obras se finalicen pintando as marcas viais e reclaman que non se talen árbores en A Xunqueira

Vilagarcía de Arousa, 3 de setembro de 2014.- O Partido Socialista de Vilagarcía, a través da súa voceira municipal Tania García, laiouse hoxe do que consideran unha “evidente xestión electoralista de Tomás Fole coa política de investimentos en obras en Vilagarcía”. García apuntou que “non por ser esperado deixa de ser menos lamentable” que Vilagarcía comece agora o carrusel de anuncios de obras e intervencións de melloras en parques e viais. Lembrou a voceira do PSdeG que xa na metade da lexislatura dende o grupo municipal socialista advertiron o que ocurriría, que era tremendamente previsible “coñecendo a este Alcalde”, que foi que a suba de impostos aos vilagarciáns e as constantes negativas a afrontar melloras necesarias en Vilagarcía se debían ao interés de Fole de “facer peto” para investir todo apuradamente e de maneira electoralista ao final do mandato.

García colocou no centro da diana tamén ao presidente da Deputación, Rafael Louzán, “un auténtico maestro do electoralismo mais rancio”, quen pretende agora resolver tres anos e medio de incapacidade e inoperancia do Goberno de Vilagarcía con investimentos de última hora. “Estivemos tres anos escoitando reclamacións dos veciños que non se atendían, e acumulando protestas veciñais pola suba de impostos que non se veían repercutir na vila. Aquí está a explicación”. García arremeteu con dureza contra Fole ao que lanzou a mensaxe de que “os aforros dos cidadáns non están para pagar as campañas do PP”.

Os socialistas reclamaron, ademáis, que “as obras, de facerse, cabe facelas con sentidiño e ben”, e indicaron que é preciso e urxente colocar as marcas viais nas rúas recentemente asfaltadas, como o caso de Juan Carlos I. “Xa todos sabemos que o vial que hai uns meses se dixo que non se podía arranxar, agora foi prioritario e urxente porque viña a Volta ciclista. E tamén sabemos que os ciclistas non precisan pasos de peóns. Pero as rúas son, prioritariamente, para os peóns e coches que circulan por elas, e estamos preto de ter unha desgracia se non se marcan os pasos de peóns”. Dende o PSdeG apuntan que algúns dos pasos de peóns máis utilizados do municipio, como son algúns de Juan Carlos I están sen señalizar, o que sumado aos recentes cambios de tráfico na zona ten sobre alerta aos veciños que están preocupados polo aumento de probabilidades de accidentes.


Tania García quixo aproveitar tamén para valorar algúns avances que se están a coñecer, “polos medios de comunicación, claro, non porque o Alcalde informe aos demáis grupos políticos do Concello”. Particularmente, García apuntou cara a posibilidade de que se talen árbores en A Xunqueira, opción que calificou de “inaceptable”. “Existen solucións abondo, se é que as raíces dos árbores son un problema, como a grava compacta ou ampliar as zonas de terra, sen necesidade de poñer losetas fixas enriba das raíces. Pero non talar os árbores”. Lamentou García que Fole prefira o cemento á natureza, e lembrou que unha das primeiras medidas que tomou este Goberno foi talar todos os árbores de diante do xardín da Compostela, empobrecendo o espacio e maltratando ao medio ambiente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario