Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

30/7/14

Iniciativa parlamentaria do PSdeG-PSOE sobre o peche da terceira planta do Hospital do Salnés e o hacinamento no Servizo de Urxencias

FALLA DE CAMAS NO SALNÉS

           
            Os socialistas e outros colectivos levamos meses denunciando. O domingo 27 de xullo, os doentes e os profesionais do Hospital do Salnés padecérono e sufrírono. O que? As consecuencias do peche de camas que o PP decide todos os veráns e que neste hospital implica o peche temporal da terceira pranta.

            Como nos vellos tempos, a falla de camas fixo que 7 doentes con orde de ingreso xa firmada pasasen unhas 15 horas en Urxencias, un servizo que tivo que afrontar un incremento de 126 doentes nese mesmo domingo. Dous deles compartiron un dos escasos boxes de Urxencias; un terceiro tivo que dormir noutro box, so cunha cortina que o separaba do profesional que atendía a outras persoas que entraban en Urxencias durante a noite. E iso que os profesionais realizaron un importante esforzo para axilizar a atención nos boxes.

            Segundo explican estes profesionais, os sindicatos e os propios doentes, esta situación do servizo de Urxencias foi un reflexo das consecuencias do peche da terceira pranta. Xustamente, esta situación foi a razón pola que o goberno socialista decidira a construción dunha pranta máis antes de ampliar Urxencias.



            E tan grave ou máis, consecuencia directa dos recortes en sanidade do goberno do PP, é o que está a ocurrir coas persoas que necesitan cuidados paliativos. Estes doentes e os seus familiares deben compartir habitación con enfermos doutro tipo, co que supón para todos eles compartir ese espazo.


PREGUNTAS:

1.- Cales son os motivos para o peche da pranta terceira do Hospital do Salnés?

2.- Un deses motivos é o que a Consellería de Sanidade chama “reordenación de recursos”? 
            
3.- Canto vai durar esa reordenación de recursos”?
            
4.- Cal é o número de médicos que toman as vacacións nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro no Hospital do Salnés?
            
5.- Cal é o número de médicos contratados ou por contratar neses meses para substituír aos que toman as vacacións?
            
6.- Cal é o número de enfermeiros que toman as vacacións nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro?
            
7.- Cal é o número de enfermeiros contratados ou por contratar para substituír aos que toman as vacacións?
            
8.- Teñen planificado a Consellería de Sanidade e a Xerencia do CHOP o número de médicos e enfermeiros que é necesario contratar para facer as substitucións do persoal en verán ou se fan esas contratacións segundo sexan as circunstancias e sen ningún tipo de racionalidade?
            
9.- Ten coñecemento o goberno da Xunta do que está a ocurrir no Hospital do Salnés cos doentes que necesitan cuidados paliativos?

            PNL: Por todo o exposto, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia presenta a seguinte Proposición non de lei para o seu debate en Pleno:

            O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a non proceder ao peche temporal da terceira pranta do Hospital do Salnés na provincia de Pontevedra, como ocorre todos os veráns. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario