Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

16/7/14

O Partido Socialista reclama ao Goberno Local que actúe na mellora das praias

Os socialistas cren que a imaxe de Vilagarcía está sendo dañada polos problemas xurdidos tanto en Bamio como cos vertidos na Compostela

Lembran que Agustín Hernández como Conselleiro de Medio Ambiente cansouse de anunciar que ía investir cartos no problema dos vertidos, e “aínda estamos á espera”.

Vilagarcía de Arousa, 16 de xullo de 2014.- A recente obtención de bandeiras azuis para algúns areais de Vilagarcía foi considerada para os socialistas unha boa nova para a vila, pero non deixaron de insistir no que nos últimos anos veñen facendo fincapé, lembrando que o traballo para poder ter e manter unhas boas praias non pode reducirse a intentar obter tal bandeira senón a facer investimentos e coidados duraderos que melloren as condicións xerais das praias.

Baixo esta premisa, os socialistas criticaron hoxe a aparición de manchas e restos de suciedade nas augas da Compostela, que produciron regueiros de espuma e deixaron as augas turbias durante a xornada de onte. Estes problemas, segundo plantexan os socialistas, serán permanentes mentras non se invista adecuadamente en resolver os problemas de vertidos sobre a Compostela que van producir sempre, de maneira directa ou indirecta, a merma da calidade da auga como ocorreu onte. Tania García, voceira socialista, lembrou que “a campaña electoral municipal do PP tivo un dos seus puntos fortes na demanda de melloras para a praia, cuestión que hoxe están olvidadas e que non mereceron nin un minuto da súa atención”. Lembra García Sanmartín que o entonces Conselleiro de Medio Ambiente, e hoxe Alcalde circunstancial en Santiago de Compostela, Agustín Hernández, prometeu por activa e por pasiva que destiñaría fondos para erradicar estes vertidos a través do Plan  de  Saneamento Integral das Rías, co aplauso eufórico do Goberno Local. “Hernández deixou de ser Conselleiro e non hai nada do prometido”, aínda que Tania  García indicou que neso o PP semella ser “coherente, porque Fole vai deixar de ser Alcalde tamén e parece que sen nada resolto no referente á praia”.


Os problemas xurdidos onte na Compostela súmanse aos aparecidos en días anteriores na praia de Bamio coa retirada da Banderia azul a causa dun vertido, sobre os que os socialistas solicitarán cumprida información ao Goberno Local. Apuntan os socialistas que o Goberno Local está a vivir de rentas neste caso, pois foron gobernos anteriores quen fixeron un recoñecido esforzo por mellorar este areal, como outros, e obter así os réditos actuais como a Bandeira azul. Non entanto, “e como en todas as cuestións”, apuntou García, “o inmovilismo perxudica e hai quen parece non comprender que non se pode facer nada e esperar que todo vaia a mellor”. García acusa ao Goberno Local de facer deixadez de función no tocante ao coidado e mantemento dos areais, e insta aos responsables municipais a manter un coidado máis axeitado e constante así como a reclamar os investimentos que foron prometidos, “que son moito máis importantes que o gasto de miles de euros en inchables na praia por uns breves días”.  

No hay comentarios:

Publicar un comentario