Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

14/7/14

Os socialistas culpabilizan á concelleira Elena Suárez do fracaso do seu sistema de cátering para afrontar o plan de alimentación infantil

Tania García: "Entender que se non hai solicitudes para alimentación infantil é porque non hai necesidade supón moverse entre a ignorancia, a incapacidade e a frivolidade".

Dende o PSdeG alarman que "xa é 14 de xullo e aínda non hai solución a un problema tristemente real".

Vilagarcía de Arousa, 14 de xullo de 2014.- A voceira municipal socialista, Tania García, cargou hoxe contra a interpretación do Goberno Local da ausencia de solicitudes para acollerse ao programa de alimentación infantil que, a través do sistema de cátering, pretendía levar comida a casa daquelas familias que o solicitaran. Cabe lembrar que o Goberno Local difundíu estes días, a través dos medios de comunicación, a interpretación de que a ausencia de solicitudes implicaba que non existía tal problema e acusou de "alarmismo infundado" a quen solicitou esta posta en marcha. Dende o grupo socialista, que xa o ano pasado, previamente ao verán, solicitou o mantemento dos comedores escolares para paliar esta problemática (sen que a iniciativa prosperase debido á oposición do Goberno Local) consideran unha "aberración" esta interpretación.

Tania García sinalou á propia concelleira como culpable da situación. García apuntou que "pretender paliar esta situación utilizando unha furgoneta para levarlle a comida ás familias sen recursos, e aparcandoa diante das súas casas, supón unha estigmatización que resulta difícil de asumir", e lembrou que esto mismo lle pretenderon explicar dende o momento que o Goberno Local iniciou este programa, pero que non houbo ningún interese da concelleira en atender ás suxerencias do Partido Socialista. García Sanmartín declarou que: " Entender que se non hai solicitudes para alimentación infantil é porque non hai necesidade supón moverse entre a ignorancia, a incapacidade e a frivolidade", e apuntou a esa "sinalización" e "estimagtización" como unha gran problemática que as medidas que se tomen deben superar. "A comida a domicilio non o fai". Tania García indicou que "o problema existe", e para eso remitíu á concelleira aos informes que fan as ONGs que operan na localidade, "pero tamén aos seus propios datos, xa que ela mesma indicou que os Servizos sociais apuntaban cara a existencia de entre 150 e 170 nenos e nenas de Vilagarcía que podían estar nesta situación". Os socialistas pregúntanse onde quedan agora eses datos, e se a concelleira está pretendendo desautorizar ao propio departamento do Concello. Dende o PSdeG seguen apostando pola apertura dos comedores escolares durante o verán, "non só  para nenos pertencentes a familias con dificultades, senón para todos os nenos e co mesmo sistema de becas e exencións en función das rendas familiares, combinándoo coa organización de ludotecas para garantir a maior normalidade, evitando a estigmatizacións dos menores". Sinalou a portavoz socialista.

Dende o PSdeG tamén inclúen é pobre difusión e organización do sistema como causante tamén do fracaso do programa, pois consideran que non pode asumirse que difundir este plan un par de veces nos medios de comunicación sexa un mecanismo efectivo, xa que "calquera que coñeza estas realidades sabe que as prioridades diarias das familias en dificultades non pasan por ler con atención os medios de comunicación locais". Segundo os socialistas, o Goberno Local tiña que ter contado este programa entre as súas previsións, e facer unha difusión antes de finalizar a época escolar. "Os colexios supoñen unha rede única e tremendamente efectiva de difusión de información desta importancia", indicou Tania García quen sinalou que esta aportación xa foi feita tamén pola coordinadora de ANPAs de Vilagarcía. "O preocupante é que estamos a 14 de xullo, hai nenos e nenas pasando dificultades serias para alimentarse aquí en Vilagarcía,e o Goberno Local está mais preocupado en botarlle a culpa a alguén que en afrontar o problema". 

No hay comentarios:

Publicar un comentario