Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

5/7/14

Posicionamento do PSdeG-PSOE de Vilagarcia ante as informacións divulgadas e a confusión producida por interpretacións erróneas de cuestións relacionadas coa concesión das Subvencións destinadas ao Fomento do Deporte Federado

Ante as informacións divulgadas no pasados días, e a confusión producida por interpretacións erróneas de cuestións relacionadas coa concesión das Subvencións destinadas ao Fomento do Deporte Federado que concede aunalmente a Fundación Pública de Servizos Deportivos Municipais, o PSdeG de Vilagarcía manifesta o seguinte:

1.       Os membros do Consello Reitor da FPSDM, entre os que se atopan representantes deste e outros partidos, así como representantes dos clubes e asociacións de pais e nais, non votan sobre a concesión ou non concesión das subvencións a ningún club en particular.

2.       Na xuntanza celebrada o pasado 1 de xullo tratouse, entre outros puntos, a resolución da concesión das Subvencións destinadas ao Fomento do Deporte Federado, resolución que vén obrigatoriamente acompañada dun informe da Secretaria e da Interventora da Fundación de Deportes e que lle corresponde aos membros do Consello Reitor ratificar. O informe da Secretaria e da Invertora advertía claramente que non procedía a concesión da subvención a varios clubes dos solicitantes, por excederse do prazo de presentación de solicitudes, segundo se recolle nas propias bases da convocatoria.

3.       A presidenta da Fundación de Deportes, Elena Suárez, manifestou a súa intención de obviar o informe desfavorable de Secretaría e Intervención e violar a propia normativa reguladora das bases da concesión das Subvencións ao deporte federado, aprobadas por unanimidade polo Consello Reitor da FPSDM que ela mesma preside.

4.       Os representantes do PSdeG, así coma outros membros do Consello Reitor, actuaron con toda a responsabilidade e conforme á lei, ratificando o informe de Secretaría e Intervención e velando polos  principios que marca estritamente a lei sobre a xestión de subvencións (igualdade, publicidade, transparencia, obxectividade, eficacia e eficiencia). Calquera outra decisión ao respecto podería incurrir nun delito de prevaricación, vulnerando ademais os dereitos de todos os clubes solicitantes que si cumpriron estritamente coas bases da convocatoria.

5.       Os representantes do PSdeG no Consello Reitor da Fundación consideran que a actitude da concelleira de deportes, de tentar obrigar aos membros do Consello Reitor a violar a lei e os procedementos administrativos, incurre nunha profunda gravidade. A actuación política da concelleira de deportes ao frente da Fundación de Deportes  suma así unha nova irresponsabilidade ao pretender enfrentar a entidades deportivas de Vilagarcía entre sí e coa propia administración, todo elo froito da súa absoluta incapacidade para conquerir unha administración eficaz que debía ser o fin último da súa xestión. Non entanto, a concelleira está máis preocupada de intentar manipular a Fundación de Deportes para os intereses electoralistas e partidistas do Goberno Local, ás veces intentando vulnerar a lei e mais ás veces furtando a posibilidade de debatir sobre decisións importantes no eido do deporte local como xa ten ocorrido con anterioridade, así como difundindo información sesgada e terxiversada sobre as deliberacións e xuntanzas realizadas.

1 comentario:

  1. Habrá que preguntarle al gobierno local si es posible permitir destrozar un terreno rural de especial protección paisajistica para realizar un golf ilegal y asistir a la inauguración de su actividad clandestina, participando posteriormente en sus entregas de trofeos, etc. Para acabar cerrandolo por no tener ningun permiso y dejar el monte protegido, destrozado como si no fuese con ellos, sin incurrir en una prevaricación medio ambiental y en un atentado contra el medio ambiente, todo ello tipificado en el codigo penal. Se podra?

    ResponderEliminar