Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

11/7/14

Os socialistas de Vilagarcía participarán este domingo do día de votación por primarias ao vindeiro Secretario Xeral do PSOE

As votacións servirán tamén para elexir delegados ao vindeiro congreso provincial, que marcará as liñas da provincia para acudir ao Congreso Federal de fins de xullo

A votación celebrarase este domingo e as furnas estarán abertas de 10h a 20h na sede da agrupación

Vilagarcía de Arousa, 11 de xullo de 2014.- Os militantes socialistas de Vilagarcía, ao igual que do resto de Concellos, están chamados a votar este domingo nas históricas eleccións primarias a secretario xeral do PSOE. Os 200 militantes que conforman a agrupación socialista de Vilagarcía están convocados dende as 10h ata as 20h para exerce o dereito a voto que elexirá entre Eduardo Madina, Pedro Sánchez e José Antonio Pérez Tapias ao vindeiro Secretario Xeral do PSOE.

Ademáis do voto directo para elexir secretario xeral, os militantes terán tamén outra elección na que participarán, pois elexirán aos delegados/as que participarán, representando a Vilagarcía, no vindeiro Congreso Provincial do día 19, no que o conxunto das agrupacións da provincia decidirá as persoas e liñas políticas que defenderá a provincia no Congreso Federal de finais de mes onde se ratificará ao Secretario Xeral e se elexirán tamén os novos órganos de dirección, con atención especial á Executiva Federal. O interés dos socialistas vilagarcianos neste proceso é doble, pois como sinalou o seu secretario xeral Miro Serén: “elexiremos ao noso secretario xeral nun proceso moi participativo, que coloca ao PSOE no frente da apertura das portas dos partidos cara a sociedade, e ademáis intentaremos que a voz de Vilagarcía teña peso específico nas decisións futuras do conxunto do PSOE”. Para esto, dende a dirección local consideran importante recoller todas as ideas distintas que existen no partido e conxuntalas nun grupo de persoas que traballen coordinadamente, e nese sentido se deseñará a proposta de representantes que os militantes deben valorar. Serén lembrou que “os socialistas participamos constantemente en debate e votacións internas, polo que estas situacións son sempre do noso agrado, pero desta volta supón un extra de ilusión polo avance en calidade democrática que, esperemos, outros partidos adopten tamén para mellorar o sistema de representación no noso país”. “Non entanto”, finalizou Serén, “esto non remata aquí pois seguiremos abrindo mais este proceso e celebraremos as primarias para elexir ao noso candidato á Alcaldía de Vilagarcía en setembro, e posteriormente participaremos da elección do candidato á presidencia do Goberno de España, nun proceso no que poderán participar todos os simpatizantes e persoas que desexen dar a súa opinión”.

As votacións, entre 10h e 20h, finalizarán co reconto oficial, que será público e ao que están convidados a participar todas as persoas que queiran asistir á sede vilagarciana do PSdeG. O Secretario Xeral aspira a unha gran participación, “que demostre que os socialistas cremos que a política é hoxe mais importante e máis decisiva que nunca”. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario