1. ALBERTO VARELA PAZ
39 anos.
Licenciado en Dereito. Experto en Dereito Urbanístico.
2. TANIA GARCIA SANMARTÍN
40 anos
Voceira Municipal. Sª de Organización Provincial.
Traballadora Social.
3. MIRO SERÉN MERA
54 anos
Mestre. Director do Colexio O Piñeiriño
Concelleiro
4. PAOLA MARÍA MOCHALES
34 anos
Arquitecta. Máster en Renovación Urbana e Rehabilitación.
5. LINO MOURIÑO SANTIAGO
38 anos
Licenciado Ciencias Políticas e da Administración
Concelleiro.
6. SONIA OUTÓN CASAL
34 anos.
Licenciada en Ciencias Políticas e da Administración
Experiencia laboral no ámbito sindical
7. JUAN ANTONIO PÉREZ CALLÓN
66 anos
Economista.
Candidato á Alcaldía (1987) e concelleiro (1987-1995)
8. LUZ ABALO PÉREZ
57 anos
Licenciada en Empresariales. Auditora e empresaria.
9. ÁLVARO CAROU GARCÍA
35 anos
Licenciado en Ciencias Políticas e da Administración. Máster en Recursos Humáns.
Concelleiro (2011)
10. MARÍA ARAÚJO REY
38 anos.
Traballadora Social
Concelleira (2003-2007)
11. GABRIEL GONZÁLEZ DÍAZ
22 anos.
Estudiante de Historia.
Membro de Xuventudes Socialistas.
12. REYES CASABELLA MOUTA
43 anos
Economista. Empresaria en consultoría.
13. DIEGO GARCÍA SANTIAGO
41 anos
Enxenierio Agrícola. Especialista en viticultura.
14. MATILDE LAYA LORENZO
47 anos
Traballadora UGT. Técnico en formación.
15. CARMELO GUERRA SÁNCHEZ
38 anos
Traballador portuario en desemprego
16. HELENA PÉREZ QUINTÁNS
25 anos.
Grado en Publicidad e Relacións Públicas.
Xuventudes Socialistas
17. FRANCISCO CUSTODIA BUCETA
41 anos.
Mariscador
18. YOLANDA CARRERA LORENZO
55 anos
Matrona. Expresidenta de Cruz Vermella
19. JAVIER MARTÍNEZ FENTE
54 anos
Enfermeiro.
Executiva Galega de UGT
20. MARI LUZ PÉREZ ARIAS
71 anos
Mestra xubilada
21. SESO GIRÁLDEZ
81 anos
Co-fundador da agrupación (1977). Exdeputado autonómico.
Candidato á Alcaldía (1983)
S1. MANUEL BARREIRO FERNÁNDEZ
67 anos
Xubilado
S2. SARA BARROS LAYA
18 anos.
Estudante de Traballo Social
Xuventudes Socialistas
S3. VICENTE LAGO CASTAÑO
63 anos.
Xubilado.
23/2/15
9/2/15
AXENDA SEMANAL - ALBERTO VARELA
Martes 10 de Febreiro de 2015
20:30 - 21:30
Reunión coa Asociación Contra Vento e Marea - A Laxe
Lugar: Centro sociocultural de A Laxe
Mércores 11 de Febreiro de 2015
20:00 - 21:00
Reunión coa AA.VV. de A Golpelleira – A Torre
Lugar: Centro sociocultural da Torre
Xoves 12 de Febreiro de 2015
19.00 - 21.00
Grupo de traballo Área de Benestar
Lugar: Sede PSdeG – Vilagarcía
6/2/15
Alberto Varela inicia as xuntanzas cos sectores produtivos de Vilagarcía, comezando polos hostaleiros e os comerciantes
No día de onte, Varela e Tania García acudiron á sede de Zona Aberta e a semana pasada o candidato socialista mantivo unha xuntanza co colectivo Ahituhi
Varela destacou que "a
importancia fundamental na actividade económica destes sectores fai
imprescindible traballar en conxunto, escoitar e dialogar constantemente"
Vilagarcía de Arousa, 6 de febreiro de 2015.- O candidato
socialista de Vilagarcía comezou nas últimas semanas a visita aos principais
sectores produtivos da cidade, iniciando esta acción con xuntanzas cos hostaleiros
e os comerciantes. No día de onte, Varela e Tania García acudiron á sede de
Zona Aberta e na semana pasada mantivo unha xuntanza coa dirección de Ahituvi.
Varela apuntou que "a hostalería e comercio supoñen en torno ao 69% da
actividade económica de Vilagarcía, polo que son dous colectivos que merecen
unha atención prioritaria no proxecto da Vilagarcía que todos queremos para os
vindeiros anos".
O candidato socialista compartíu
a súa visión de Vilagarcía con estes colectivos, baseada na idea das
potencialidades da vila debido a súa estratéxica posición nas comunicacións con
Galicia e a meseta, e como punto de referencia da ría. Varela considera que
"é posible extraer unha enorme produtividade da nosa situación, mais é
necesario esforzarse e traballar para elo, e agora ninguén con responsabilidade
de goberno nas administracións o está a facer".
Varela recabou as ideas dos
colectivos, e incidíu en que "por riba de todo o que se poida aportar e
poñer en marcha sectorialmente, o fundamental é a participación e o diálogo
para as decisións de goberno. É imprescindible que os hostaleiros e
comerciantes tomen parte daquelas iniciativas que os afectan, e a responsabilidade
dun goberno local está en escoitar e plantexar obxectivos conxuntos".
Particularmente o candidato
socialista puxo en valor as accións políticas desenvolvidas polo grupo
socialista nesta lexislatura dende a oposición, destacando a oposición á creación
de grandes áreas comerciais na periferia, como foi no intento do PP de impulsar
un centro comercial nos terreos na antiga Megasa, ou a necesidade de promover
dende a administración a realización de eventos e actividades que atraian xente
a Vilagarcía durante todo o ano.
5/2/15
O Partido Socialista de Vilagarcía celebra este sábado 7 de febreiro unha xornada de portas abertas a cidadanía para escoitar as súas demandas
Os socialistas, xa metidos de
cheo na elaboración do seu programa electoral para as municipais de maio,
convocan aos veciños de Vilagarcía a participar na súa concreción
Vilagarcía de Arousa, 5 de febreiro de 2015.- O Partido Socialista de
Vilagarcía celebrará o vindeiro sábado 7 de febreiro unha xornadas de portas
abertas á cidadanía de 17:00 ata as 21:00 na súa sede da rúa Castelao, 18 para
escoitar as ideas que teñen os veciños e que consideren que deberían ser incluídas
no programa do PSOE de Vilagarcía para as vindeiras eleccións municipais. O candidato á Alcaldía, Alberto Varela,
participará tamén da xuntanza, pretendendo que participen o maior número de veciños e
veciñas de Vilagarcía. Neste senso, Varela apuntou que “a cidadanía solicita participación,
e con toda a razón pois os partidos políticos non podemos monopolizar a acción
política, senón que temos que ser instrumentos de participación a través dos
que transformar a sociedade. Os socialistas entendemos esta vontade e abrimos
as nosas portas para todos os vilagarciáns, que ven como esta cidade está
enquistada e adormecida. Queremos ser protagonistas do proceso de cambio de
Vilagarcía e queremos selo coa maior participación posible”.
Dende o Partido Socialista
convidan, ademais, a que quen non poida asistir a este encontro tamén pode
facer chegar as súas propostas programáticas a través das redes sociais do PSOE
Vilagarcía, tanto vía Twitter como Facebook e por suposto email (psdeg_psoevilagarcia@yahoo.es).
Dende o PSdeG de Vilagarcía anuncian que non será a única xornada similar e que
realizará outra similar a inicios do mes de marzo para pechar as propostas que
se incluirán.
Sinalar tamén que hoxe xoves ás 21:00 o candidato Alberto Varela e a
voceira municipal Tania García terán unha reunión con membros de Zona Aberta na
súa sede para recoller ás demandas do colectivo de comerciantes de Vilagarcía
tan maltratados polo actual Alcalde Tomás Fole.
3/2/15
AXENDA SEMANAL - ALBERTO VARELA
AXENDA SEMANAL ALBERTO VARELA
Luns 2 de Febreiro de 2015
20:30 - 21:30
Reunión coa AA.VV. de Castragudín
Lugar: Centro sociocultural de Castragudín
Martes 3 de Febreiro de 2015
20:00 - 21:00
Reunión coa AA.VV. de Cornazo
Lugar: Centro sociocultural de Cornazo
Mércores 4 de Febreiro de 2015
20:00 - 21:00
Reunión coa AA.VV. de O Xisto
Lugar: Centro sociocultural de O Sixto
Xoves 5 de Febreiro de 2015
21:00 - 23:00
Reunión con Zona Aberta
Lugar: Sede de Zona Aberta na Rúa Gumersindo Nartallo
Venres 6 de Febreiro de 2015
20:30 - 21:30
Reunión coa AA.VV. O Souto de Rubiáns e a Comunidade de Montes
Lugar: Centro sociocultural de Rubiáns
25/1/15
Preguntas parlamentarias e Proposición Non de Lei (PNL) do PSdeG sobre Lantero
O venres 23 de xaneiro, o PSdeG presentou no Parlamento, a través da deputada Patricia Vilán e tras unha xuntanza cos representantes do PSdeG de Vilagarcía Alberto Varela e Tania García, unha serie de iniciativas parlamentarias sobre a situación da empresa Lantero e conflicto laboral existente. Concretamente, rexistráronse 5 preguntas ao Goberno da Xunta e unha PNL instando ao ente autonómico a intervir na situación para tentar de axudar a resolver o conflicto.
Ademáis, no vindeiro luns os socialistas presentaremos no Valedor do Pobo un escrito demandando a información que a Xunta está a negar sobre as subvencións concedidas á empresa Lantero, e para coñecer os posibles condicionantes que poidan ter sobre a plantilla e as condicións laborais.
----------------------------------
O 14 de
outubro de 2014, o grupo parlamentario socialista solicitaba á Xunta de Galicia
copia das resolucións definitivas de concesión de axudas públicas á entidade
empresarial “LANTERO EMBALAJE” (cunha factoría sita en Vilagarcía de Arousa),
tanto se fose adquirida con fondos propios como con fondos da UE e/ou do
Estado. Esta solicitude foi remitida á Consellería de Presidencia con data 21
de outubro e, ante a pasividade do goberno, reiterada o 27 de novembro.
Os traballadores de “LANTERO” levan
máis de 100 días de folga (dende o día 13 de outubro), nun conflicto laboral
que xa é un fito na historia da loita obreira en O Salnés. Aínda máis, a súa é
unha das folgas máis longas de Galicia; 24 horas de garda ás portas da nave de
O Pousadoiro. A maior abundanza, o día 21 de outubro o Xulgado do Social nº 2
de Pontevedra declarou legal a folga.
E cal é a resposta da empresa? 48
traballadores xa teñen recibido a súa carta de despido. No propio documento de
despido, a empresa fala da vía do despido colectivo para subcontratar o servizo
prestado polos traballadores despedidos. 48 traballadores dos máis de 100, das
máis de 100 familias que en Vilagarcía de Arousa e a súa comarca vivían do
traballo nesta empresa.
Mentres, malia pedila, a Xunta de
Galicia non entrega a documentación que se lle pediu ao día seguinte do inicio
da folga nen tenta mediar para tentar solucionar o problema.
PREGUNTAS:
1.- Ten coñecemento o goberno da
Xunta da situación da entidade empresarial “LANTERO EMBALAJE” (cunha factoría
sita en Vilagarcía de Arousa)?
2.- Que pasou coas axudas públicas á
empresa, tanto en fondos da Xunta, da UE e/ou do Estado?
3.- Por que o goberno non entrega a
documentación solicitada por este grupo parlamentario relativa ás axudas, dadas
a gravidade e urxencia do problema?
4.- Cal é a opinión do goberno sobre
a actitude da empresa cos traballadores?
5.- Vai mediar a Xunta de Galicia
entre o a empresa e a representación dos traballadores para tentar solucionar o
conflicto?
PNL:
Por todo o exposto, o Grupo
Parlamentario dos Socialistas de Galicia presenta a seguinte Proposición non
de lei para o seu debate en Pleno:
O Parlamento galego insta á Xunta de
Galicia a que medie
entre a entidade empresarial “LANTERO EMBALAJE” e a representación dos
traballadores, para tentar solucionar o conflicto da factoría en Vilagarcía de
Arousa.
15/1/15
O Partido Socialista denuncia que a Xunta “oculta” a información que solicitaron hai tres meses sobre as axudas públicas concedidas a Lantero
Alberto
Varela anuncia que, de non recibir resposta inmediata, acudirán ao Valedor do
Pobo para obligar á Xunta a dar unha información que xa tiña que ter facilitado
O
secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, estará mañá en Vilagarcía
para reunirse cos traballadores e o comité de empresa
Vilagarcía de Arousa, 15 de xaneiro de 2015.- O Partido Socialista
de Vilagarcía reclama que leva tres meses agardando pola información solicitada
á Xunta de Galicia sobre as axudas públicas concedidas á firma Lantero, que os
socialistas solicitaron xa no inicio do conflicto laboral para comprobar se
existiron condicións relativas á plantilla de traballadores ou o mantemento do
emprego. Os socialistas, a través da súa voceira municipal Tania García,
iniciaron esta acción xa en outubro, que se concretou cando o día 21 daquel mes
a deputada Patricia Vilán presentou a solicitude para recabar a información
relativa ás axudas públicas concedidas á empresa. Os socialistas alertan que
aínda non recibiron resposta algunha, o que consideran unha “ocultación da
información”. A propia deputada Patricia Vilán presentou un escrito insistindo
na solicitude, sobre o que tampouco recibiu resposta.
O candidato socialista á
Alcaldía, Alberto Varela, advertiu que, de non obter a información inmediata
nos vindeiros días, os socialistas teñen preparado acudir ao Valedor do Pobo.
“Resulta extraordinariamente sorprendente que unha administración como a Xunta
de Galicia sáltese manifestamente todos os prazos e a decencia administrativa
ocultando información”, expresou Varela. O alcaldable socialista non eximiu de
responsabilidade a Tomás Fole, do que dixo que “se os cidadáns tiveran a mínima
sensación de que Fole ten algún interese en solucionar o conflicto, ou polo
menos en que os traballadores teñan dereito a coñecer a información sobre a
situación, podería ter botado unha mano ou directamente ser el mesmo o que
solicitase a información”, mais concluiu que “xa ninguén conta con que este
Alcalde axude a solucionar nada”.
Visita de José Ramón Gómez Besteiro
Os socialistas anunciaron tamén
que mañá, sendo ésta a semana en que se iniciou o xuicio sobre a folga dos
traballadores, o secretario xeral do PSdeG José Ramón Gómez Besteiro acudirá a
visitar aos traballadores e reunirse co comité de empresa de Lantero, para
coñecer a actualidade dos últimos días e ter contacto de primeira man cos
traballadores. “Moitos compañeiros e compañeiras, de todos os puntos de
Galicia, pregúntannos e interésanse pola situación dos traballadores de
Lantero. Recibimos moitas chamadas e consultas sobre unha situación tan dura de
militantes que se atopan en defensa doutras situacións de conflicto laboral e
compañeiros dos sindicatos que se preocupan por eles. A visita do compañeiro
Besteiro, como xa o foi a da compañeira Pilar Cancela, secretaria de
organización, e a da propia deputada Patricia Vilán que estiveron nas
movilizacións anteriores, pretende trasladar tamén esa solidaridade”, recalcou
Alberto Varela.
Gómez Besteiro e Varela
celebrarán ás 20.30h na sede dos socialistas unha asemblea aberta a calquera
veciño/a que queira asistir na que debatirán sobre as propostas e preguntas que
trasladen os asistentes sobre a situación política de Galicia e Vilagarcía.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
