Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

13/4/10

14 de abril, día da República

A Comisión Executiva Municipal do PSdeG-PSOE de Vilagarcía, organizou un acto de homenaxe á II República e de recordo ás vitimas do alzamento franquista, no que contamos coa presenza da nosa Alcaldesa, Dolores García.

No acto estiveron presentes moitos compañeiros e cidadáns que manifestarn o seu sentir republicano, e rematou cunha ofrenda floral ao monumento Rosas Rotas, no parque Miguel Hernández, no que o partido, representado pola Secretaria Xeral Tania García, a Alcaldesa Dolores García, e Rosina Villaverder, filla do último alcalde republicano de Vilagarcía Elpidio Villaverde, depositou un ramo de flores aos pes dos nomes grabados na escultura. Asemes, participaron moitas persoas que depositaron as súas rosas no mesmo lugar.

O PSdeG, ademáis, fixo público un manifesto con motivo da conmemoración deste 14 de abril:


Hoxe, día 14 de abril, todos os que compartimos un sentimento republicano conmemoramos aquel día de 1931 no que se instaurou a II República Española.

Foi aquela unha etapa de progreso, de avance social, de apoio á democracia e aposta por un modelo de sociedade que os socialistas recordamos hoxe. Pero a II República foi truncada, sen embargo, con un vil e infame golpe de estado fascista, que meteu a este país na cruenta e vil Guerra Civil.

Hoxe, aquí diante desta escultura erixida para manter presente a dignidade dos que morreron pola liberdade, e na honra dunha vontade democrática que foi atacada polos que traizoaron a este país e ás súas xentes, proclamamos ben alto a nosa repulsa por aquel levantamento militar miserable e a nosa defensa dos valores da democracia.

Este non é un acto contra ninguén, como aprendemos do respeto pola pluralidade daquela II República pero, como escribiu Mario Benedetti, hai que ter coidado “cos ruíns do pasado, e tamén cos sabios granuxas do presente”. Nestes tempos nos que este país pretende resolver débedas morais históricas, que xa hai tempo que tiñan que ter sido resoltas, aparecen xuíces e políticos que pretenden amparar a quenes foron agresores e dar a espalda a quenes foron víctimas e ás súas familias. Dende o simbolismo e recordo que evoca esta escultura, os socialistas manifestamos a nosa firme vontade de seguir loitando pola dignidade daqueles que pretenderon ser olvidados forzosamente, e de manternos firmes ante os que pretenden ocultar o seu propio pasado.

En defensa da dignidade daquelas víctimas pola defensa da República, da democracia, da xustiza e do progreso que encarnou aquela etapa, confiamos en que máis pronto que tarde sexa posible de novo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario