Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

13/4/10

Comunicado de Prensa. Centro de Saúde IV

Os socialistas pídenlle ao PP de Vilagarcía que se posicione dunha vez sobre a ubicación do novo centro de saúde.
Os socialistas defenden a construcción do centro na antiga Comandancia.

Vilagarcía de Arousa, 9 de abril de 2010.- O Partido Socialista de Vilagarcía quere mostrar a súa satisfacción polos avances que se están a producir con respecto ao novo centro de saúde para Vilagarcía, en referencia á aprobación nestes últimos días da proposición non de lei no Parlamento de Galicia en favor da construcción desta instalación.

Esta proposición non de lei, impulsada polo Grupo Parlamentario Socialista, recolle a fórmula que ven sendo defendida polos socialistas en todos os ámbitos. Neste sentido, dende esta formación política quérese insistir na proposta firme de que se constrúa o centro de saúde nos terreos da antiga Comandancia de Marina, como así quedou encamiñado na etapa do anterior goberno autonómico. Esta localización recolle as mellores características posibles ao respecto, como son a centralidade, a accesibilidade, os servicios, o aparcamento e todas as facilidades posibles con respecto a outras localizacións.

A este respecto, a secretaria xeral dos socialistas de Vilagarcía, Tania García, manifestou que “o PP, e particularmente o seu presidente local Tomás Fole, teñen que dar explicacións sobre cal é a súa postura real. Non é válido xa tentar de xogar ao escondite e pretender buscar excusas para non construir un centro de saúde de referencia, coa calidade merecida para os vilagarciáns. Os veciños xa saben a postura do Partido Socialista, que é continuar co proceso iniciado polas distintas administracións, nas etapas que foron dirixidas polos socialistas, para construir o centro de saúde nos terreos da antiga Comandancia. ¿Cal é a postura do PP? ¿Por qué non consideran válida a opción plantexada da Comandancia?”.

O Partido Socialista mantén, de maneira firme, a súa postura inicial, e confía en que as distintas administracións implicadas dean pasos para achegarse ao obxectivo final. Para esto os socialistas non creen que sexa positivo fomentar debates sen sentido, e enfrontamentos localistas innecesarios. O que é necesario é apostar de verdade por unha sanidade pública de calidade. Os vilagarciáns merecen unha defensa firme dos seus dereitos, e o novo centro de saúde é unha necesidade que Vilagarcía demanda e que o Partido Socialista apoia. Espérase, desde esta formación política, que o PP abandone a súa estratexia de distracción e enredo e se sume ás accións positivas que queren os veciños.

No hay comentarios:

Publicar un comentario