Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

21/4/10

Comunicado de Prensa. Centro de saúde V.

O PP intenta calar o debate sobre o novo centro de saúde
Os socialistas creen que tras esta actitude atópase a decisión de non dotar a Vilagarcía dos recursos sanitarios que necesita.

Vilagarcía de Arousa, 18 de abril de 2010.- O candente debate sobre a construción dun necesario centro de saúde en Vilagarcía está a esperar pola opinión pública do PP da nosa vila, que mantén un silencio impropio dunha formación política que ten que dar resposta ante as inquedanzas dos veciños.

O Partido Socialista sostén unha opinión clara ao respecto, defendendo que é necesario para Vilagarcía un centro de saúde novo de referencia, coa dotación dos recursos necesarios para unha óptima calidade asistencial. Ademais, o PSdeG defende que a localización idónea son os terreos da antiga Comandancia de Marina xa que reúnen características ideais como a súa centralidade, accesibilidade a outros servicios, posibilidades de aparcamento e de transporte público moi próximas.

Sen embargo, e a pesares de representar ao partido que ten responsabilidades de Goberno na Xunta de Galicia, no PP de Vilagarcía seguen agochados e dando a calada por resposta. Probablemente esto signifique, polo tanto, que o temor de que o que quere o PP é que non se fale deste tema para poder dar unha solución difuminada e que non este á altura, pode estar máis cerca de facerse realidade.

Dende o PSdeG de Vilagarcía solicitamos ao PP local, e particularmente ao seu presidente local Tomás Fole, que dunha vez deixe clara a súa postura sobre se existe a vontade real de contruir un centro de saúde de calidade en Vilagarcía ou non. Quizáis resulte que a coñecida débil posición política de Tomás Fole dentro do propio PP non lle permita dar unha opinión de compromiso cos vilagarciáns, e prefira manterse apegado ás decisións dos seus dirixentes aínda que estas choquen frontalmente coas necesidades da nosa vila. A pesares de todo, en caso de facelo, o PP tería que explicar por qué non lle serven como válidos os terreos da antiga Comandancia, gratuitos e xa a disposición da Consellería de Sanidade, ou se considera que é mellor emprender novas negociacións e posibles gastos para o Concello de Vilagarcía embarcándose en novos terreos que non reunisen boas condicións.

O Partido Socialista, dende a súa defensa firme e inflexible dunha sanidade pública de calidade, segue a manterse na mesma postura que ven defendendo e confía que se teña en conta a opinión de Vilagarcía e non a dos que a queren olvidar.


Saúdos
Comisión Executiva Municipal

No hay comentarios:

Publicar un comentario