Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

2/9/10

Comunicado oficial do PSdeG sobre a difusión de infomación electoral

Vilagarcía de Arousa, 2 de setembro de 2010.- Ante as informacións aparecidas en distintos medios de comunicación nas últimas 24 horas, acerca de cuestións relativas á candidatura electoral que presentará o Partido Socialista de Vilagarcía ás eleccións municipais do vindeiro ano, a Comisión Executiva Municipal do PSdeG en Vilagarcía quere facer públicas as seguintes cuestións:
1.       A Comisión Executiva Municipal do PSdeG en Vilagarcía é a máxima representación do partido a nivel local entre congresos, e as valoracións, opinións e declaracións públicas do Partido Socialista son ofrecidas polos cauces formais. Outras vías de información non son representación do Partido Socialista.
2.       O Partido Socialista non fixo público ningún resultado de ningunha enquisa, nin de carácter electoral nin de ningún outro tipo, durante todo o período desta lexislatura municipal.
3.       Non existe, nin existiu nestas últimas datas, ningunha valoración do Partido Socialista acerca de consultas populares que puideran ter feito, no libre exercicio da súa labor, calquera medio de comunicación. Sen embargo, si consideramos oportuno sinalar que estas consultas non teñen un valor científico nin representativo e que, por tanto, non serán tidas en conta polos órganos desta formación política.
4.       O Partido Socialista ten aberto o proceso de conformación das candidaturas electorais para as cidades de máis de 50.000 habitantes. Para as poboacións entre 20.000 e 50.000, entre as que se atopa Vilagarcía, a dirección federal do PSOE (máximo órgano do partido a nivel estatal), que é a encargada de marcar o procedemento non ten sequera definido o proceso e, por tanto, non hai procedemento aberto, non existe calendario nin prazos aínda definidos. Previsiblemente, este procedemento aplicarase cara final de ano, podendo incluso prolongarse ata inicios do vindeiro ano 2011.
5.       Mentres o procedemento indicado se inicie, o Partido Socialista segue a traballar por Vilagarcía e apoia de xeito especial ao seu grupo municipal como grupo de goberno e coa máxima representación da Alcaldesa Dolores García.
6.       O Partido Socialista considera que as informacións xurdidas en distintos medios de comunicación responden a meras especulacións informativas. Respectando de forma escrupulosa a liberdade de expresión dos medios de comunicación, e recoñecendo tanto a importancia fundamental da súa labor, como o interese que suscita o Partido Socialista de Vilagarcía por ser o referente político da nosa cidade, esta formación política considera que é necesaria unha maior rigorosidade á hora de ofrecer informacións de tan profundo calado. Para elo solicita aos medios que reflictan a postura do Partido Socialista de Vilagarcía por medio das valoracións dos seus representantes oficiais, e non se amparen no anonimato de fontes de información que difunden informacións falsas e que para nada representan a opinión do Partido Socialista.

No hay comentarios:

Publicar un comentario