Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

26/9/10

En resposta ás declaracións dos grupos políticos sobre o comunicado da Alcaldesa

PP e EU posiciónanse conxuntamente en declaracións fóra de lugar
A elegancia mostrada pola Alcaldesa Dolores García no proceso da súa renuncia a ser candidata no 2011, chocha frontalmente coas declaracións insidiosas e faltas de respeto de PP e EU.

Vilagarcía de Arousa, 25 de setembro de 2010.- As declaracións públicas da Alcaldesa de Vilagarcía, anunciando a súa renuncia a ser candidata polo Partido Socialista para as vindeiras eleccións municipais de maio de 2011, veñen de provocar diversas reaccións nos portavoces dos distintos partidos políticos de Vilagarcía que dende a nosa formación estimamos importante valorar. É necesario destacar as visións á altura das circunstancias que mostraron Castro Ratón e Rivera Mallo, mostrando o respecto polas declaracións da Alcaldesa que, pola súa parte, foron nítidas sobre a súa decisión. Sen embargo pola outra banda, e unha vez máis, a coalición que EU e o PP teñen amarrada en Vilagarcía volveuse poñer de manifesto na coincidencia das súas declaracións.

Mentres Tomás Fole utiliza terminoloxía totalmente fóra de lugar, é necesario dicir que, pola contra do que o PP considera, os únicos que teñen posibilidade de outorgar alcaldías e credibilidade aos proxectos políticos son os cidadáns. Segundo a representatividade que éste manifestan nas furnas, cabe recordarlle ao señor Fole que sexa quen sexa a persoa que encabece o proxecto socialista, el sempre é, e será, oposición. Pero todavía máis inconcebible resulta que sexa precisamente Tomás Fole quen, pretendéndose situarse como un medium de medio pelo, tente de trasladar á opinión pública unha información falsa, facendo elucubracións imposibles sobre a realidade do PSdeG. Dende a nosa formación política consideramos que os procesos internos dos partidos son cuestións precisamente internas, e precisamente por iso non manifestamos a nosa opinión durante os tempos do último congreso local do PP no que, xa que o señor Fole fala de movementos internos, a imaxe que deron como partido foi patética, con xogo sucio, descalificacións persoais e acusacións de enchufismo.

De igual modo Esquerda Unida, que volve a traballar para o PP facéndolle de ariete descontrolado, fai unha mistura de opinións da que soamentes se poden extraer descalificacións, que ás veces semella que é a única opinión política que ten EU. Pero sen embargo cabe recordar que está na mesma situación do PP en Vilagarcía, pois todavía estes días temos noticias que nos recordan a maniobras do tándem dictatorial Fajardo-Bueno, máis propias do polit-buró, saltándose ampliamente a vontade dos cidadáns que votaron unha lista electoral, enviando ao seu xa excompañeiro Mariano Ibáñez ao gulag, e designando a dedo aos representantes públicos.

Quizáis o que se pode comprobar nestas declaracións é o nulo concepto democrático que preside ambas formacións, PP e EU, pois o seu único obxectivo é alcanzar cotas de poder. Non conseguen concebir que haxa outras formacións políticas nas que os seus representantes vexan a política como un servizo aos cidadáns, que esixe unha dedicación absoluta e que, cando as persoas consideran que deron todo o que tiñan pero que non poden asegurar continuar ao 100%, prefiren que outros tomen o relevo. Ese concepto de aferrarse ao poder que Fole, Fajardo e Bueno destilan, e a continua frustración á que se ven sometidos por comprobar que os cidadáns prefiren outras formacións políticas para que os representen, é o que lles impide ver a realidade como é, interpretala segundo as súas ansias incalculables e acabar posicionándose conxuntamente de forma repetida.

No hay comentarios:

Publicar un comentario