Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

25/9/10

Dolores García anuncia a súa renuncia a encabezar a candidatura socialista municipal no ano 2011

A Alcaldesa Dolores García, anunciou publicamente o pasado xoves a súa renuncia a encabezar a candidatura do Partido Socialista nas vindeiras eleccións municipais de maio de 2011. A nosa compañeira Dolores fixo público o anuncio despois de informar á secretaria xeral local, ao secretario xeral provincial e ao secretario xeral galego, así como aos seus compañeiros do grupo municipal socialista e aos compañeiros socios de goberno do BNG. Despois de ofrecer unha rolda de prensa informando da decisión, a Alcaldesa acudiu á sede do partido para expoñer á comisión executiva local a situación. 

Nas distintas declaracións feitas pola Alcaldesa, sinalou que esta foi "unha decisión toma por motivos persoais, feita dende o convencimento e a convicción de ter entregado o mellor de min". Dolores García quixo salientar o "apoio en primer lugar do meu partido, que depositou a súa confianza en min, especialmente á executiva local e á secretaria xeral, do secretario provincial e da executiva galega. Por suposto, tamén o apoio dos meus compañeiros de goberno, sen distinción de siglas. E tamén aos traballadores do Concello, especialmente a aqueles que tiveron unha labor máis próxima e aos que compartiron conmigo este día a día".

Na intervención ante os medios de comunicación, a Alcaldesa glosou de maneira xeral os principais logros do Goberno Municipal durante o mandato que ela presidiu, incidindo especialmente no modelo de cidade proposto, facendo unha vila "máis humana e máis habitable". Referiuse tamén á recuperación de Cortegada como un dos puntos máis importantes da súa lexislatura. Non se esqueceu tampoco da aposta polos Servizos Sociais, "que baixo o meu mandato experimentaron un incremento presupuestario dun 100%", así como a "mellora dos servizos e a administración municipal". Dolores García, rematou o seu comunicado con unha declaración moi emotiva do seu concepto profundamente democrático da sociedade e do sentido da política como servizo aos cidadáns, expresando que "a miña tarefa e a miña acción como gobernante estivo e estará adicada ata o final ás persoas", recordando que desenvolverá a súa labor ata o momento do traspaso de poderes.

"Ten sido para min un orgullo e unha honra traballar por Vilagarcía. Viñen a servir e nesto tiven posto todo o meu empeño", finalizou.

A Comisión Executiva Municipal, por medio dunha rolda de prensa ofrecida pola secretaria xeral Tania García e o secretario de organización Álvaro Carou, ofreceu o venres a postura do partido acerca da nova situación. Nesta comparecencia, a secretaria xeral quixo manifestar por enriba de todo "o agradecemento á Alcaldesa Dolores García pola súa labor pública no nome de todo o partido". Os representantes socialistas destacaron a claridade nas súas opinións de Dolores García, e agradeceron de forma moi sinceira as verbas de agradecemento que a Alcaldesa lles dedicou no seu anuncio, destacando que "mostran o sentimento de pertenza a este partido, que dende aquí devolvemos á nosa compañeira". Ademáis, dende a Executiva Municipal quixeron destacar a "elegancia coa que Dolores García afronta este momento tanto nas formas como no procedemento, que amosan a calidade humana da nosa Alcaldesa". Sinalaron tamén que "a renuncia da compañeira Dolores García, coa honestidade coa que ela se mostrou, permítenos tamén a oportunidade de afrontar co tempo necesario unha nova estapa ilusionante para presentar unha proposta á cidadanía que continúe a facer que os vilagarciáns se sintan representados polo Partido Socialista de forma maioritaria, como así ven sendo durante case 20 anos". 

Ante as preguntas dos medios de comunicación sobre nomes e posibilidades para definir ao novo candidato ou candidata para encabezar o cartel electoral, Tania García sinalou que "o procedemento que o Partido Socialista vai seguir ven marcado por uns prazos e formas definidos dende a Comisión Executiva Federal, que todavía non concretou para as cidades entre 20.000 e 50.000 habitantes. Ademáis hai que ter en conta que, fronte aos demáis partidos que se ven na tarefa de propoñer candidatos electorais, o Partido Socialista non ten que propoñer a un candidato senón a un futuro alcalde ou alcaldesa, pois a importancia que o PSdeG ten en Vilagarcía fan saber que na vindeira lexislatura a nosa vila seguirá a contar cun alcalde ou alcaldesa socialista."


No hay comentarios:

Publicar un comentario