Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

12/2/12

DISCURSO DE FÉLIX GONZÁLEZ CONCENTRACIÓN EN APOIO AO XUÍZ GARZÓN

Bos días a todos e a todas, e gracias por estar aquí.

Esta concentración é ben certo que foi convocada por unha organización política, pero non pretende capitalizar nin monopolizar un sentimento que é cidadán, e que cidadán debe seguir sendo. A nosa vontade é servir de plataforma para que este de hoxe sexa un berro dos veciños e veciñas de Vilagarcía, unidos aos de tantos pobos e cidades que nestes días alzan a súa voz ante o que consideran unha grave ferida no sistema democrático e de libertades no que supostamente vivimos.

Estamos aquí para manifestar a nosa repulsa polo que consideramos unha decisión que non soamente é inxusta, aínda que paradóxicamente proveña do ámbito da Xustiza, senón que é unha decisión intolerable dende a conciencia dunha sociedade que se considere libre e de progreso. A condena e inhabilitación ao xuíz Baltasar Garzón é difícilmente explicable dende todos os puntos de vista. Xurídicamente, reina a confusión sobre a base legal e a fundamentación para poder adoptar a decisión que foi tomada. Pero por enriba de eso, esta condena supón unha imaxe de freno e de rexeite ante un xuíz que afrontou varios dos grandes problemas deste país que necesitaban maxistrados valentes e decididos. Foi Garzón, e non os que nestas últimas semanas foron os seus xuices, quen estivo aquí ao noso lado combatendo a lacra do narcotráfico con valentía e decisión. Foi Garzón, e non os que nestas últimas semanas foron os seus xuíces, quen utilizou a xustiza para xulgar a un dictador como Pinochet e para tentar de reparar un dano histórico coas víctimas do franquismo deste país. Foi Garzón, e non os que nestas últimas semanas foron os seus xuices, o que afrontou decidido unha trama de corrupción de dimensións faraónicas. Incomprensiblemente, de todo este último proceso, mentres os corruptos están libres, o xuíz está condeado. ¿Qué imaxe queremos transmitir? Da a sensación de que a condena de Garzón non foi unha decisión tomada pola xustiza, senón polo poder político dominante.

Non é esta unha declaración que lle falte o respeto á xustiza, senón o contrario. Polo profundo respeto que temos ao noso sistema xudicial, e pola imperiosa necesidade que sentimos de que funcione libre de ataduras, de que afronte unha reforma que o democratice e de que sexa representativo da xustiza real, manifestámonos hoxe. Porque a legalidade non pode atropelar bruscamente á lexitimidade. Confiamos nas recusacións que se farán á condena que se lle impuso ao xuiz Baltasar Garzón e aspiramos a unha xustiza que afronte a realidade dende a rúa, non dende os interesados despachos.

Por unha xustiza xusta. Por unha xustiza real. A favor dun estado libre e democrático. Onde os xuíces que poñen a xustiza ao servizo da dignidade dos cidadáns non sexan xulgados por elo. Para que paguen os culpables, e non os que os investigan.

Gracias a todos e a todas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario