Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

9/2/12

Os socialistas reúnense coa Asociación de Hostaleiros AHITUVI para consensuar as alegacións á futura Ordenanza das terrazas

Vilagarcía de Arousa, 09 de febreiro de 2012.- Os concelleiros do Grupo Municipal socialista, Tania García e Lino Mouriño, mantiveron unha xuntanza esta pasada mañá con representantes de AHITUVI para coñecer de primeira man a súa valoración da Ordenanza de Terrazas aprobada, na súa fase inicial, no pleno do pasado decembro.


Os hostaleiros trasladáronlle aos socialistas o seu hastío por levar máis de dous anos traballando nunha ordenanza que segundo os socialistas, seguen sen ter concreción en aspectos tan importantes como a colocación e a tipoloxía de mamparas que poden ubicar nos seus establecementos e cales son os requisitos que establece o PXOM sobre as anclaxes ao chan e as fachadas, así coma a superficie a ocupar polas terrazas nas rúas peonís de máis de oito metros. “A ordenaza anterior recollía que nas prazas e rúas peonís de máis de oito metros, a superficie a ocupar non podía exceder máis do 40% das mesmas, na actual ordenanza a única limitación que se establece nas rúas, independientemente da súa anchura, é o de deixar sen ocupar 1.80 m. Con esta nova ordenanza en rúas coma Castelao a superficie ocupada polas terrazas podería chegar ás tres cuartas partes da rúa”. Os hostaleiros, comparten cos socialistas que esto merece unha corrección na Ordenanza, “as rúas son tamén para os viandantes, os comerciantes, etc. e temos que garantir a accesibilidade e os distintos usos das rúas, concluírons os socialistas e os representantes de AHITUVI”

Para debatir estes temas e redactar unha ordenanza “que se axuste o máis posible ás necesidades de todos” os hostaleiros incidiron na necesidade dunha xuntanza co Goberno e cos técnicos municipias “antes de aprobar unha ordenanza que deixa na ambigüedade os temas máis importantes”.

A nova Ordenanza está actualmente na fase de exposición pública e no momento de presentar alegacións. Os socialistas teñen previsto presentar nos vindeiros días as pertinentes alegacións á nova Ordenanza. “Tiveron motia presa en presentar a nova ordenanza, pero deixaron sen concretar os temas máis importantes tanto para os hostaleiros como para o resto dos cidadáns. Un exemplo máis da mala xestión do Goberno municipal, sacar adiante propostas ineficaces e xustificar que fan algo.”

No hay comentarios:

Publicar un comentario