Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

29/2/12

ALEGACIÓNS Á ORDENANZA DE TERRAZAS

Os socialistas presentan alegacións á Ordenanza de terrazas que consideran inconcreta e excesivamente permisiva
Na rúa Castelao, cunha anchura de quince metros, poderíanse ocupar máis de trece metros con mesas e cadeiras
Os socialistas, debido a actitude absolutista do Goberno do PP, teñen poucas esperanzas de que sexan admitidas as súas alegacións

Vilagarcía de Arousa, 29 de febreiro de 2012.- Os socialistas veñen de presentar alegacións á Ordenanza reguladora da actividade de ocupación de terreos de uso público con mesas e cadeiras. Esta Ordenanza que foi aprobada na súa fase inicial, atópase na fase de presentación de alegacións, antes da súa aprobación definitiva. As alegacións do Grupo municipal do PsdeG-PSOE refírense, por unha banda, á superficie a ocupar polas terrazas nas rúas peonís. A única condición que se recolle nesta Ordenanza é a obrigatoriedade de deixar un espazo de 1.8 m, sen ter en conta a anchura das rúas. Tendo en conta esta redacción, en rúas coma Castelao, dunha anchura de 15 metros, as terrazas poderían chegar a ocupar ata 13.2 metros. A proposta dos socialistas recolle a obrigatoriedade de deixar o libre o 40% da superficie a ocupar, nas rúas de máis de oito metros. “Os socialistas- sinalou Tania García -no noso modelo de cidade, consideramos que as rúas son para disfrute dos veciños e para compaxinar os distintos usos das mesmas. Consideramos ademais que esta permisividade poder perxudicar a outros colectivos, coma os comerciantes, que verán mermada a accesibilidade e a visibilidade dos seus locais e mesmo aos veciños para acceder as súas vivendas”.
A outra alegación que presentan os socialistas é referida á controvertida colocación das mamparas, “a ordenanza debe definir que a tipoloxía destes elementos ten que estar autorizada pola normativa do Plan Xeral de Ordenación Municipal. As mamparas que están colocados actualmente non se axustan a esta normativa”.
Estas medidas, consideran os socialistas, deben quedar ben recollidas no texto da Ordenanza. “De nada nos sirve unha Ordenanza que volve a permitir que as mesas e cadeiras ocupen a meirande parte das rúas peonís e que non recolle cal é a tipoloxía de mampara a instalar”.

O Grupo Municipal do PsdeG-PSOE fai un chamamento ao diálogo ao Goberno do Partido Popular para consensuar unha redacción máis axeitada da Ordenanza, aínda que con poucas esperanzas. “Non tiveron en conta as propostas feitas aos novos Estatutos da Fundación de Deportes, que só buscaban unha maior participación de colectivos e clubes. Fixeron caso omiso á proposta feita polos socialistas para o orzamento municipal, que implicaba un incremento na partida de Servizos Sociais e unha diminución nas partidas de alumeado público e limpeza. O mesmo éxito obtivemos cos novos Estatutos de FEXDEGA, presentamos unha enmenda para salvargardar os intereses de Vilagarcía, e nin a escoitaron. Poucas esperanzas nos quedan aos socialistas sobre o ánimo deste Goberno para chegar a acordos”. Os socialista salientan, unha vez máis o cambio radical do Partido Popular dende que goberna en colación con IVIL, “a maioría absoluta subíuselles á cabeza, actúan coa prepotencia de quen se cre coa verdade absoluta, a dinámica que está a coller este goberno é perigosa, apartando, dun xeito antidemocrático, ao resto dos grupos da corporación da vida municipal e da vida pública”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario