Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

6/3/12

Núñez Feijoo súmase aos “grandes éxitos” do PP en anuncios vacíos sobre o Hospital do Salnés


O PP toma aos vilagarciáns por tontos cun novo problema na ampliación do Hospital do Salnés, facéndoo depender doutros investimentos en Pontevedra

Vilagarcía de Arousa, 6 de marzo de 2012.- A relación do PP co Hospital do Salnés pódese resumir xa apelando á tradicional fábula do pastor e o lobo: De tantas veces que dirixentes locais e autonómicos “populares” anunciaron a ampliación do Hospital do Salnés, sen que fora posta nin unha soa pedra na realidade, agora ninguén se cree xa calquera declaración sobre o tema. No día de onte foi nada más e nada menos que o actual Presidente da Xunta, Núñez Feijoo, que de visita en Vilagarcía anunciou que a ampliación do Hospital depende agora do que suceda co novo hospital público-privado que se construirá en Pontevedra, un derroche de cartos e esforzo innecesario que aparenta máis unha operación urbanística que de utilidade sanitaria xa que o demandado realmente polo sector é a ampliación de Montecelo.

En Vilagarcía, os veciños están fartos xa de moito anuncio e ningún avance, de excusas incontables e de dirixentes populares que pretenden tomar a todos por tontos. Nun tempos son os terreos para a ampliación, tema no que o PP pon ao frente a Gonzalo Durán a facer o ridículo e pagar por unhas terras, cos cartos de todos, máis do que valen sen ter claro por que. Noutro momento dos “grandes hits populares” de palabrería sobre o hospital, Marta Rodríguez anunciou un compromiso dun millón de euros para esa ampliación únicamente para salvar a súa carreira política. Foi unha mentira máis xa que tal investimento non apareciu nos orzamentos en ningunha partida, sería unha cantidade obviamente insuficiente e, por suposto, nunca máis se soubo. Agora Núñez Feijoo, tirando do fío do feito de ter integrado o centro de Ande no CHOP, súmase como artista invitado a esta lista de tropelías e fai depender esta ampliación do que ocorra co novo hospital de Pontevedra. E, ao final, os veciños seguiremos sen ampliación.

Os vilagarciáns perderon a esperanza xa de que o PP vaia a afrontar realmente esta situación, e os veciños asumen que a única aportación que se recibirá será a de atopar novas excusas cada vez para xustificar unha non ampliación porque, a vontade real, está en deteriorar o servicio sanitario público e favorecer a proliferación de centros con investimento privado como ocorre en Pontevedra. O Salnés semella ser terra de segunda fila para o PP.

No hay comentarios:

Publicar un comentario