Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

8/3/12

Os socialistas denuncian o brutal retroceso en dereitos sociais e civís que están a supoñer para as mulleres as políticas do Partido Popular

A reforma laboral, o parón na aplicación da Lei da dependencia, a futura revisión da Lei do aborto e os recortes económicos nas políticas de igualdade son unha involución de máis de trinta anos.

Vilagarcía de Arousa, 8 de marzo de 2012.- Os socialistas de Vilagarcía, con motivo da celebración do día da muller, queren sumarse a todas as voces de colectivos e persoas a título individual que lembran que todavía a loita pola igualdade está lonxe de conquerir os seus obxectivos reais. Máis alá de debates estériles e formais que non fan máis que banalizar unha causa de tanta importancia como esta, os socialistas queren deixar constancia do seu compromiso con obxectivos como igualar o soldo entre homes e mulleres: “mesmo traballo, mesmo salario”, a concienciación das necesidades compartidas de conciliación entre homes e mulleres, e como deben estar implicadas tamén empresas e administracións neste traballo, a igualdade de oportunidades e a loita inexcusable contra o maltrato e a chamada violencia de xénero.

Neste punto os socialistas síntense orgullosos dos recentes gobernos socialistas presididos por Zapatero, que deron visibilidade e apoio fundamental a unha loita que, ata o de entonces, estaba oscurecida. Segundo os socialistas, foron estos anos de gobernos progresistas quenes plantexaron a realidade dos problemas das mulleres e afrontaron, non sen claro rexeite dos sectores máis ultras da dereita política e social, situacións que merecían unha intervención. Entre estas, está tristemente de actualidade a Lei de saude sexual e reproductiva e de interrupción voluntaria do embarazo, no que os socialistas plantexaron un dos grandes avances en dereitos civís que agora o PP pretende involucionar, mostrando a súa verdadeira cara con Gallardón facendo nestes días unhas rancias e machistas declaracións que tiñan que estar fora de toda acción política.

De maneira especial, os socialistas apuntan ao contexto laboral como un dos que máis duramente vai sofrer involución no que aos dereitos da muller se refire. Por escoller algún exemplo, segundo a nova reforma laboral aprobada tristemente nesta semana, incluso as horas de lactancia materna deben ser aprobadas pola empresa, puidendo esta decidir cando ten que comer un bebé. Pero máis alá, tamén o parón da aplicación da Lei de Dependencia afecta principalmente ás mulleres, que son as que cuidan ao final das persoas impedidas das nosas familias e as que quedan agora sin unha merecida retribución e cotización.

Os retrasos de maís de 30 anos en dereitos da muller, que coas actuais decisións políticas e a vontade moral que as impulsa non semellan ter fin, marca como especialmente importante o día de hoxe. Os socialistas queremos aproveitar para recordar a todas aquelas mulleres, e tamén homes, que tanto loitaron e loitan pola non discriminación da muller en todos os ámbitos, e queremos reivindicar o papel da política nesta cuestión, pois sentímonos orgullosos da nosa aposta decidida pola igualdade. Instamos, ademáis, a todas as administracións, goberne quen goberne, a continuar estas apostas para que todas as persoas sexan tratadas por igual, independientemente do seu xénero.

Saúdos cordiais

No hay comentarios:

Publicar un comentario